27 xuño 2013

Clases sen fume!

Agora que xa rematamos o curso, os exames, as notas incluso!!! é tempo de recuperar eses traballos que fixeramos durante o ano e que, por unhas cousas e outras tardaron en chegar. Pero imos por orde...

En primer lugar a participación do alumnado de 1º e 2º de ESO no Concurso "Clases sen fume" que, desde hai anos, é un referente na nosa programación das titorías. Como sabedes, este concurso está promovido pola Consellería de Sanidade e cada ano ven unha das súas representantes (nos últimos anos Berta) para contarnos con datos e estatísticas, os productos que compoñen e os efectos nocivos do tabaco. E logo ven..."A PROBA"...ese día que Berta aparece co seu "aparatiño de medición" e temos que soprar para confirmar que ninguén fumou...madia leva!

Pero o que máis vos gustará será ver os traballos dos compañeiros, verdad? Pois aquí  tedes o debuxo dos alumnos de 2º (do traballo de 1º esquecimos facer a foto antes de enviarla...;(((..




 

 Actividade creativa de 2º ESO. Video "Fai o que eu digo e non o que eu fago"



Pois, ademais de aprender moitas cousas, gañamos un Accésit pola participación de tantos anos no concurso e agasalláronnos cunhas entradas para o Aquapark de Cerceda !!! Ímoslo celebrar ben!



14 xuño 2013

O Portal das Palabras

Mirade que interesante páxina acaba de aparecer...para aprender, divertirse, coñecer mellor o noso idioma...Agora que imos ter tooooooooooodo o verán por diante!!!


A Real Academia Galega presentou o Portal das palabras. Unha iniciativa que leva a cabo coa Fundación Barrié.

"Vídeos con explicacións sobre os significados das palabras, textos nos que os membros da Academia explican os seus termos favoritos, exemplos, xogos e recursos didácticos son só algúns dos recursos que están dispoñibles no Portal das Palabras" se nos di na presentación.

Esta proposta, inclúe tamén unha nova versión do dicionario en liña da RAG, incluíndo sistemas de busca avanzada, sinónimos e versións do mesmo para teléfonos móbiles.

Entremos...



DOCUMENTAL sobre o poeta DÍAZ CASTRO

Non deixedes de ver este interesante e ben feito documental sobre un dos nosos poetas, Díaz Castro. Deixámosvos as palabras de presentación dos seus realizadores e o enlace ao mesmo.

A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro

A Biblioteca Poeta Díaz Castro colabora na difusión dos traballos realizados polos alumnos do IES,neste caso con  especial ilusión e interés.

 Un poeta nace ou faise? Esta é unha das preguntas que os alumnos do instituto de Guitiriz tratan de responder neste documental sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, quen creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou nos versos cando aínda era un rapaz, tamén coma eles. Mesturando entrevistas e poemas musicados, esta curta destaca a vixencia da obra de Díaz Castro e aporta unha mirada fresca sobre a poesía, como unha maneira de aferrarse ó mundo e sentirse vivo.

 Para ver o documental segue o enlace




Para saber máis


            O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada“A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia..

             Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. A directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado superou con moito as expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea repercusión ó traballo educativo que se realiza cos alumnos do rural galego, ademais de axudar a difundir a figura de Díaz Castro: “Un autor aínda moi descoñecido e que precisa recuperar o seu lugar no imaxinario cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de música e que compuxo as cancións, destacou a creatividade e implicación dos rapaces, ata o punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos poemas. Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles en Internet.

11 xuño 2013

XA SOMOS PERSOAS - LIBRO !!

Pois si, en Pontecarreira ...Xa somos Persoas - Libro!!!

Despois de elexir, memorizar, gravar, editar...chegou o momento de disfrutar deste marabilloso traballo que foi posible gracias a TODAS e TODOS!




 Grazas pola participación e o entusiasmo!!!

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...