13 decembro 2013

TRABALLAMOS NA BIBLIOTECA...BUSCAMOS O CALOR DO SOL NAAULA...MOVÉMONOS...






Está chegando NADAL !!!




 


Arrecende a Nadal...e en Pontecarreira andamos moi activos decorando corredores, a entrada ...

O xoves, no recreo, medrou este fermoso árbol ao carón da biblioteca, e, como non podía ser doutro xeito...feito con libros, películas e CD´s. Grazas a todas as que vos achegástedes e colaborástedes en facelo posible de xeito tan creativo!!!

 


E no hall, un Papa Noel con sabor "parisino" convidounos a facernos agasallos "especiais", como amigos invisibeis...Aquí están imaxes do proceso no que aínda estamos camiñando...O próximo xoves abriremos os paquetiños que xa comenzan a "aparecer", lixeiros, suxerentes...Disfrutaremos seguro!








12 decembro 2013

NELSON MANDELA

 Gafiti de Mandela nas rúas de París


O pasado 10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, deixounos Nelson Mandela, un dos máximos representantes e activistas de todos os tempos en levar á realidade estes Dereitos. E todo eso, a través da concordia, da exixencia a través da palabra, dos xestos e mesmo da súa vida. Por todo esto, como fixeran no seu funeral, todos temos que cantar, bailar e lembrar a súa vida, os seus feitos, a súa mensaxe de esperanza para seguir avanzando como persoas. 

Deixámosvos unha serie de páxinas moi interesantes para que profundicedes na súa vida:





10 decembro 2013

PARA LERES NO NADAL...

Achégase o Nadal e os nosos colabores fixeron unha selección de libros de contido navideño que temos na nosa biblioteca para que os disfrutemos durante o tempo de vacacións.





E decoraron a biblioteca para estes días previos ao Nadal. Aproveitanto vellos folletos e catálogos fixeron estes fermosos adornos:



BO NADAL!!!

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...