25 febreiro 2015

Contacontos Kalandraka

Hoxe tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".


E tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula para que nos axude a superar os nosos medos.

Unha marabillosa experiencia

Unha xornada especial reuniu o 13 de febreiro a alumnos, ex-alumnos e profes para unha xuntanza innovadora.

Aínda que esta vez os que levaban a voz cantante foron María , Daniel e Alba Mariña, rapaces que estiveron con nós fai anos e que hoxe en día xa camiñan sós.

Estes ex-alumnos contáronnos o que foi das súas vidas nestes anos despois de deixar o noso centro. Profes e alumnos escoitamos entusiasmados: María amosou a súa ilusión polo soño cumprido de empezar os seus estudos en Medicina; Daniel chegou convertido nun empresario gandeiro e filósofo da vida e Alba Mariña desbordou "con arte" as súas dotes de comunicación para cos rapaces.

O tempo pasou voando e os espectadores que alí estabamos gozamos da sabiduría, do saber estar e das risas dos nosos relatores. Alumnos e profes vimos como o que se sementa se recolle!

 Deixámosvos unhas fotos e repetiremos a experiencia nuns anos!!




24 febreiro 2015

Día de Rosalía 2015

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo fixemos varias actividades. Entre todos os alumnos fixemos un fermoso mural con escollas dos seus poemas e pop-arts da súa caricatura.




Algún alumnos deleitáronnos coa lectura de poemas da autora durante toda a semana. Para rematar a actividade bailamos o "Meregue Rosalía", tan fantasticamente versionado pola orquestra Charlestón Big Band

"Eu tamén son Rosalía"

 Hoxe conmemoramos co Día de Rosalía de Castro o aniversario do nacemento da autora. Ata podemos atopalo en Google.

            178º aniversario del nacimiento de Rosalía de Castro

Dende Pontecarreira, alumnado voluntario de secundaria, gravou este fermoso video, onde, coas súas propias palabras, berros e xestos, defenden o amor ao seu, a súa lingua, ao seu entorno,  aos seus soños, á defensa das inxustizas cercanas e globais...



O video estará colgado na web AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Dende aquí tamén animan á cidadanía a que, nesta data, agasallen cun libro en galego e unha flor, así que...animádevos!!!

8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...