29 novembro 2015

Ata SEMPRE, NEIRA VILAS!





Con esta foto lembramos o paso de Xosé Neira Vilas por Pontecarreira, alá polo 2011. 

Aquí vos deixamos tamén información sobre a súa biografía recollida nunha entrevista da revista Sermos e máis algúns videos e entrevistas para poder escoitalo.

E o mellor de todo, temos a súa obra, o seus libros para ler e reler...e gozar...e aprender...e vivir!!



Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu esta mañá na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos. 
Nunha entrevista publicada por Sermos Galiza no número 166 do semanario en papel aseguraba ter sido "un activista da cultura galega até hoxe". Nesa conversa, que reproduciremos íntegra esta tarde no diario dixital, Neira Vilas afirmou que a súa obra por excelencia, Memorias dun neno labrego "vai máis alá de min. Como di Freixanes: 'Balbino desbórdate', non precisa de min". 
Autor do maior best-seller das letras galegas, ‘Memorias dun neno labrego’, Neira foi un prolífico escritor que publicou máis de 70 libros para adultos, para nenos, ensaio, novela... 
Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi un traballador incansable a prol da cultura e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está escrita a historia de Galiza nos últimos 75 anos. Con 20 emigrou a Arxentina, onde abrazou a causa do nacionalismo e onde creou as Mocedades Galeguistas, das que foi secretario xeral, e fundou a editorial Follas Novas. Alí convertiuse “nun activista da cultura galega e da dignidade de Galiza digamos até hoxe. De por vida”, declarou a Sermos nunha entrevista hai poucas semanas. 
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos
Logo de casar con Anisia Miranda, unha moza cubana de ascendencia galega, trasládase a Cuba, onde creou o maior centro bibliográfico sobre a emigración galega en América, ademais de organizar eventos e conferencias relacionadas coa cultura galega. 
A parella regresou a Galiza definitivamente en 1992, cando a Xunta arranxa a súa casa natal e a convirte en Fundación Neira Vilas, cunha biblioteca, un pequeno museo etnográfico e unha sala de exposicións e concertos, que pronto se converte no centro cultural da comarca. 
Non deixou de escribir, dar conferencias e atender a todo o mundo que o precisaba até os últimos días da súa vida. Este mesmo ano publicou en Galaxia ‘Romaría de historias’.
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos. Saberemos del, da súa produción que seguirá o seu camiño, nos vindeiros meses. 











No seguinte video podedes ver as imaxes de Xaquín Marín na fermosa edición das "Memorias dun neno labrego" da Editorial Galaxia e a música de A Quenlla (inconfundible voz de Mini)





O mellor é seguir lendo a súa obra...sempre!


13 novembro 2015

Recopilatorio de materiais de ciencia en galego

Interésate a ciencia e non sabes donde buscar?

                           





Aquí tes un amplio e variado recopilatorio de materiais realizado polo equipo de Bibliotecas Escolares de Galicia:  ciencia en galego

E dentro deles seguro que vos interesa este enlace directo aos diferentes blogs de alumnos e alumnas galegos en materias como bioloxía, xeoloxía, matemáticas, tecnoloxía...



Marty McFly

"Marty McFly debe embarcarse nunha nova aventura cando o seu amigo Doc aparece de súpeto cunha versión modernizada do coche DeLorean..."

Sabedes de que estamos a falar? Gústanche os zapatos "robóticos" ou os monopatins voadores? Recoñeces esta imaxe???


Pois a que estades esperando? lede o seguinte artículo e de paso botade un vistazo ao blog de divulgación científica: ciencia galega

03 novembro 2015

NOVEMBRO: Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares


Ciencia, arte, poesía, tecnoloxía, teatro, matemáticas... Todas importantes, todas necesarias, todas presentes na biblioteca, no cole e na vida.

Pero desde hai uns anos intentamos que a CIENCIA sexa a protagonista do mes de novembro. Por iso, queremos poñer ao voso alcance, ademáis de todos os libros, enciclopedias e revistas do cole, unha serie de páxinas con artículos moi interesantes e variados sobre ciencia. E ciencia en galego, porque como dice Jorge Mira no manifesto que escribe este ano:


Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade de persoas. 
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia. 

Se queres ler o texto completo do manifesto pincha aquí


21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...