23 febreiro 2017

#Rosalíate

Un ano máis celebramos o DÍA DE ROSALÍA sumándonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
Para elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.



En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.

14 febreiro 2017

Contacontos con Paco Nogueiras

O pasado 24 de xaneiro, os peques de infantil e os compis de 1º e 2º de primaria disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial; o encargado de facela así foi Paco Nogueiras, todo un artistazo, e que ademáis toca calquera instrumento que se lle poña por diante. Pasámolo xenial; clika na imaxe e verás. 



E para que vexades o ben que o pasamos outra mostra, pero agora en vídeo...


13 febreiro 2017

Que chega, que chega...

A nosa biblioteca xa está lista para festexar mañá o San Valentín, Día da Amizade,... ou como queirades chamarlle. Animádevos e vide visitala.





02 febreiro 2017

Concurso San Valentín

Temos ás portas o San Valentín e dende a Biblioteca, xunto do EDLG, convocamos, un ano máis o CONCURSO DE DEBUXOS-TARXETAS de amor, amizade,... Bótalle un ollo ás bases porque hai novidades con respeto aos anos anteriores.


8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...