15 marzo 2017

Concurso Debuxos e Tarxetas de "Amor"

Aquí vos deixamos unhas fotiños dos debuxos e carta-tarxetas que o alumnado presentou para o Concurso de San Valentín



E aquí os gañadores. NORABOA; nos vindeiros días recibirán o seu merecido agasallo
































14 marzo 2017

Concurso de poesías

Xa está en marcha o IV COCURSO DE POESÍAS "TROITAS EN VERSO" para o alumnado de primaria e secundaria. Se queres participar, aquí che deixamos as bases.

Anímate, haberá premios por categorías de idades.

10 marzo 2017

Rosalía verso a verso

Tempo atrás, coincidindo coa celebración do DÍA DE ROSALÍA (24 febrero) o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes solicitou a nosa participación, xunto cos demáis centros educativos que compoñen dita mancomunidade,  no concurso "Rosalía verso a verso" que puxo en marcha a través da rede social Facebook. Pois ben, como non podía ser doutro xeito, puxémos a traballar niso; consistía en gravarnos lendo ou recitando poemas ou anacos de poemas de Rosalía e subilos á rede. E GAÑAMOS... xunto co CEIP ADRCASTELAO de Ordes.
Se queredes ver os nosos vídeos aquí vos deixamos o enlace, e cando recibamos o premios tamén vos amosaremos fotiños



https://www.facebook.com/events/1877409885872557/permalink/1889986674614878/

09 marzo 2017

8 de Marzo...DÍA DA MULLER TRABALLADORA...moito camiño por percorrer


Moito camiño queda por percorrer para que mulleres e homes aprendamos que somos diferentes pero temos os mesmos dereitos. O mesmo dereito a expresarnos, a ser, a vivir, a formarnos, a acadar postos relevantes na ciencia, na literatura, na arte, nos equipos de dirección das empresas, a elexir a vida que queremos vivir nas mesmas condicións de partida...

Desde a escola traballamos día a día a coeducación, como non podía ser doutro xeito. E hoxe, en secundaria, falamos e reflexionamos xuntos, despois de visualizar a película francesa "Fátima", gañadora do César á mellor película o ano pasado.



Deixámosvos aquí tamén o enlace a un vídeo moi interesante sobre o feminismo realizado no Politécnico de Vigo e o enlace á biblioteca escolar coruñesa Biblioviva  , onde atoparedes outras reflexións moi interesantes para profundizar neste tema. O cambio está en nós, en todas e todos NÓS!!



8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...