26 abril 2017

Entrega de premios

Dende hai tempo que tiñamos pendente a entrega de premios para os gañadores do concurso de "Tarxetas de Amor" e do concurso "Troitas en verso". Pois ben, onte foi o día e aquí vos deixamos unhas fotiños do momento. 

TARXETAS DE AMOR: Noelia (6º EI), Nicolás (1º EP), Daniel (4º EP) e Ana (5º EP)


TROITAS EN VERSO. Dada a escaseza de poesías presentadas decidimos premiar a todos os participantes. Aquí aparecen os de primaria, pero tamén terán o seu merecido agasallo Lucía Gómez e Manuel Amador de ESO. 





22 abril 2017

Apadriñamentos lectores 2017

E seguimos coas actividades ao redor do Día do Libro. Onte, en infantil e primaria, fixemos os xa tradicionais apadriñamentos lectores. Mirade que ben o pasamos premendo na imaxe. 

https://photos.google.com/share/AF1QipMDVunnDaD3b8intPtZY566am7kXV3BLAO1fQEpmXu_k7O2LK0ZspcmT_ZzhGhEyg?key=WkQzYVZEekRmaG9MQWZnYnRZSC02TmUzcnRQNHdR

20 abril 2017

Día do Libro 2017

O Día do Libro 2017 é o próximo domingo 23 pero no cole xa arrincamos hoxe con actividades en torno ao Día do Libro.
Como o tempo nos acompañou decidimos disfrutar do pracer da lectura ao carón da natureza e cos nosos libros saímos ao patio para pasar así o proxecto lector de hoxe. Se premedes na imaxe veredes moitas, moitas fotos.

https://photos.google.com/share/AF1QipOjXGoH02vAz3CpjRsCmDF7_OLXTuG23P4hegJA9pjs_v5tnYPyrURRBAcJZcWpeg?key=eE5TSTZ5Tzc0T1dLbUJkTFhncld1Z1g0bmtiZUNn

E mañá máis.... 

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...