20 decembro 2018

BO NADAL!

Como moitas imaxes din máis que unhas poucas palabas...alá van. Bo Nadal e que a ledicia compartida nesta sesión de fotos vos acompañe toda a vida...


 

09 decembro 2018

LECTURAS COMPARTIDAS DOS INTEGRANTES DO CLUB DE LECTURA COS PEQUERRECHOS DE INFANTIL

O pasado 4 de decembro, as participantes do club compartiron tempo e lectura cos cativos de infantil que viñeran visitarnos "ao cole dos maiores".





Deixámosvos coa descripción do día por parte de Marga, profe de lengua de secundaria  e que organizou a xornada:



 

02 decembro 2018

El principito chega á Ponte Carreira


POIS SÍ. E XA ESTÁ PRÓXIMA A DATA COA XIRA ESPAÑOLA DA COMPAÑÍA AULA TEATRO DE ARXENTINA.
SERÁ O PRÓXIMO 13 DE DECEMBRO.

20 novembro 2018

Poéticas diversas

            


"Poéticas diversas", variadas, suxerentes, diferentes, imaxes, textos, propostas, fantasía, preguntas e respostas. Todo eso e máis poderemos atopalo na biblioteca... BÚSCAO !!! ou pide que o acheguemos a ela se aínda non o temos.


11 novembro 2018

A biblio está viva!...

Este ano a biblioteca de secundaria ten bastante actividade:

















- Traballamos individualmente ou en pequenos grupos, buscando información e elaborando os nosos textos ou presentacións para as clases...


Xogamos cos xogos online ou de mesa, compartindo momentos de ocio e diversión nos recreos cos nosos compañeiros doutras clases:




E encántanos montar o mobiliario que mercamos para poñer a biblio "máis ghuapa"!! Lemos as instrucións e damos voltas...ata que non queda un so parafuso solto! Somos "makers" ..;)))






Témolo claro...A BIBLIO É NOSA !!!










04 novembro 2018

Lendo polo Samaín

A pasada semana poidemos disfrutar da lectura dramatizada de varios contos de medo por parte do alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria. Este foi o resultado: 



29 outubro 2018

Cineforum na biblio

Esta semana, en titoría, vimos todos xuntos na biblioteca "CAMPEONES", de Javier Fesser:





Película imprescindible para traballar nos centros, donde se tratan con sentido do humor e moita sensibilidade o tema da discapacidade e da valía de todos nós como persoas, como cidadáns, respetando as nosas diferenzas e valorando as nosas capacidades. Os comentarios e reflexións ao acabar foron moi enriquecedores.

                                                 Crítica en "FOTOGRAMAS" da película






17 outubro 2018

CLUB DE LECTURA




Un ano máis ábrese en secundaria " A cova das palabras", o noso club de lectura, para acoller a un marabilloso grupo de lectoras e lectores con ganas de compartir lecturas, momentos, experiencias, de sentir, de dicir, de crear, de imaxinar, de rir...Como vedes "con moita vida por vivir xuntos!!"

Temos a sorte de contar con participantes "consagradas e experimentadas" como Luisa,Carla e Nuria, outros  xa bastante "adaptados" como Sonia, Cristina, Xoel, Olalla e Paula e "as novas adquisicións": Jeni, Claudia, Enma, Ana e Gema con moitas ganas de adentrarnos nesta cova e disfrutar. Xa vos iremos informando da nosa andaina. De momento comezamos con buen pé: compartindo uns petiscos, tímidamente ao principio mais...







8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...