27 abril 2018

Concerto de Paco Nogueiras

Bueno, bueno, bueno. Que visita especial tivemos hoxe...
Nada máis nin nada menos que... PACO NOGUEIRAS. Que ben o pasamos ao ritmo do seu libro-cd BRINCA VAI.
Moitísimas grazas Paco, pasámolo xenial e esperamos verte prontiño outra vez.
Foi un pracer

Xa sabes... premendo na imaxe... máis fotiños

https://photos.google.com/share/AF1QipPGKJLiek8NtJWLoCrVo0QN5d6BumF43D1czVFYTCOpz2S9xzZ5BdSCWasnZvCfHw?key=QVBISE1tMDVzUmJuX05tQko0cVNlelBrX2dtek9R

Día do Libro

Os vagalumes de infantil celebraron o día do libro facendo un debuxo do seu conto favorito. Aquí o resultado:







24 abril 2018

DÍA DO LIBRO 2018

Para festexar o DÍA DO LIBRO, un ano máis, realizamos os APADRIÑAMENTOS LECTORES que tanto éxito teñen entre o noso alumnado.



23 abril 2018

Día do libro: presentación do noso "Arte e literatura"

Este ano celebramos o Día do Libro coa presentación dun moi especial: "Arte e literatura", deseñado polo alumnado de secundaria en varios días de proxecto lector, coa profesora Mª Dolores Zaerá, membro do equipo de biblioteca.



 




Durante varios meses seleccionaron textos nas catro linguas do cole (galego, castelá, francés e inglés) así como cadros fermosísimos de diferentes autores, estilos e procedencias pero cun eixe común: captados nese momento de estar gozando coa lectura. Non é casualidade, por certo, que casi todas  as imaxes atopadas sexan de mulleres illadas no seu mundo e devorando as palabras!!

O libro, realizado cunha coidada maquetación e deseño, foi presentado e lido brevemente entre todos e agora queda exposto para seguir atopando textos e artistas  que nos leven a querer coñecelos máis, a continuar lendo os seus libros , a buscar os seus cadros...en definitiva, a seguir gozando do pracer da arte e da lectura!!

 Deixámosvos unha pequena selección e pronto subiremos a presentación completa.














































8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...