28 setembro 2018

EL PRINCIPITO

Este ano 2018 é o 75 aniversario dunha obra clave para a literatura universal, estamos a falar de EL PRINCIPITO de Saint-Exupéry. Pois ben, neste primeiro trimestre de curso queremos facer a nosa pequena homenaxe a esta gran obra e recomendámosche que, se aínda non a liches, non deixes de facelo. Hai adaptacións para tódalas idades.
Lerémola, analizarémola, faremos traballos variados e contaremos cun espectáculo de títeres sobre dita obra. 


27 setembro 2018

Benvida a un novo curso escolar!!

Un ano máis, un curso novo aínda por explorar, experimentar, descubrir, buscar e atopar. E aquí estamos desde a biblioteca escolar para facilitar o espazo, o tempo e os obxectos que permitan que este curso...sexa ESPECIAL !!

Con moitas ganas de descubrir o agochado entre os nosos libros, os rincóns de xogos, películas, revistas e periódicos...dámosvos unha Benvida moi agarimosa e convidámosvos a gozar todos xuntos.

De momento, botade un vistazo a este pequeno vídeo titulado "Me gusta leer"


21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...