AS FOTOGRAFRÍAS E RECURSOS EXTERNOS USADOS NESTE BLOGUE TEÑEN FINS EDUCATIVOS; SE ALGUNHA ESTIVESE SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR, COMUNICÁDENOLO PARA RETIRALOS.

22 marzo 2014

SEMANA DA POESÍA

Como é sabido, o día 21 de marzo foi o día da poesía. Pero a nós non nos era suficiente con festexalo un día, asíque decidimos adicarlle todoa a semana á poesía. Nos proxectos lectores da semana do 17-21 de marzo e nas horas de biblioteca nos recreos adicámonos a ler-recitar-cantar-... textos poéticos para os demáis.
Para facilitarnos o traballo, os nosos colabores da biblioteca (os alumnos do 3º ciclo de primaria) fixeron unha selección de poesías por temáticas para que todos e todas poideramos emprender unha VIAXE AO MUNDO DA POESÍA.

21 marzo 2014

ILUSIÓN..!!!

Estes días andamos moi, moi atareados nos recreos...entre os deportes e os torneos que preparan os alumnos de 4º de ESO con profes e alumnado, a preparación dos monólogos (que xa estamos desexando ver se poden superar aos do ano pasado..difícil, oh!)... a maiores estivemos preparando e grabando os vídeos que enviamos ao concurso da ONCE de este ano. 

Tivemos que facer un video onde reflexar a ilusión! Pouca cosa, xa vedes!!! Pois penso que o conseguimos "bastante ben"!!! (modestos...non somos...,)))). 

Ademáis tivemos que reflexionar e escribir un decálogo sobre o que, para nós, é a ilusión, como se reflexa nas cosas cotiás... Xa estamos dándolle voltas á cabeza para ver cómo aproveitarlos porque son realmente fermosos. Estade atentos!!!

Polo de agora disfrutade dos vídeos que enviamos ao concurso:

Este é o de 1º e 2º de ESO.  Sentides tamén como pasan a ilusión duns a outros?...e a cor negra transfórmase en tódalas cores brillantes!!



E os alumnos de 3º e 4º...qué ben o fixeron tamén! Noraboa a todos e grazas polo traballo, un pouco "contrarreloj" ...,))))), pero as veces paga a pena!









17 marzo 2014

Estamos preparando a visita de Fina Casalderrey

Estamos orgullosos de poder contar no noso colexio coa visita de Fina Casalderrey. Os nosos colaboradores de biblioteca están preparando a biblio para tan esperada visita. Mirade que fermosa nos está quedando:

16 marzo 2014

VISITANOS FINA CASALDERREY!!!




O martes 18 de marzo estará na nosa biblioteca FINA CASALDERREY

Escritora galega, mestra, etnógrafa, gastrónoma, conferenciante e xornalista. Recibiu numerosos premios polas súas obras, moitas das cales foron traducidas a todas as linguas da península (castelán, catalán, euskera, valenciano, asturaino, aragonés) e outra foráneas coma o italiano, portugués, francés, brasileiro e inglés. 

Mentres agardamos a súa chegada podemos botar un ollo á súa web oficial, onde atoparemos a súa biografía, os libros que escribiu, os premios recibidos (que foron moitos),...

Estamos desexando que chegue o día!

10 marzo 2014

Novos fondos para a biblio

Ola amiguiños, á nosa biblioteca chegan novos fondos case que a diario. Os mestres non dan feito: catalogar no Meiga, crear texuelos, colocar etiqueta identificativa, forrar,...
Como non podía ser doutro xeito, nós quixemos botarlles unha man:





01 marzo 2014

DÍA DE ROSALÍA

No Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), e durante toda a semana, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria ofrecéronnos un recital poético de textos da autora.

(se queres ver as nosas fotos clika na imaxe)

https://picasaweb.google.com/100635084181322244145/DIADEROSALIADECASTRO2014#slideshow/5987319015053382530

Interpretamos textos como: "Adios ríos, adios fontes", "Xan", "Eu cantar cantei",... que vos deixamos aquí para que os disfrutedes tanto coma nós.