18 xuño 2026

GRAN LIBRO A MAXIA DOS NOSOS MONTES

E aquí todo o traballo do curso recollido nas páxinas do noso gran libro do monte. A MAXIA DOS NOSOS MONTES. 


16 xuño 2026

A vista de paxaro

Hoxe saímos novamente para observar a flora e as aves da contorna, favorecendo a identificación de especies e o coñecemento directo da biodiversiadade do monte. 



15 xuño 2026

MUSICAL O REI LEÓN

O NOSO MUSICAL DO REI LEÓN. Dúas sesións na mañá deste 15 de xuño: unha para os nosos maiores e outra para as familias. Unha adaptación escolar feita pola mestra Chus e na que participaron os alumnos e alumanas de 3º a 6º de primaria. Permitiunos reforzar os valores de respecto pola natureza, o equilibrio dos ecosistemas e a importancia do coidado da contorna.



Nós tamén creamos

Hoxe deixámosvos as curtas de animación elaboradas por Educación Infantil e 5º EP. Algo pasa na casa do logo, de EI, resultou gañadora dun accésit nos premios Nós tamén creamos!. O osiño rosa, é a de 6º EP



29 maio 2026

DECÁLOGO DOS COIDADOS DO MONTE

Este mes na biblioteca, entre outras moitas outras cousas, estivemos traballando sobre os coidados do monte.
Despois de moitas ideas, moitas aportacións supervaliosas,... decidimos que a mellor opción para incorportar ao noso GRAN LIBRO DO MONTE era facer un decálogo dos coidados do monte. 
Axudamosnos dunha ferramente de IA para poñelo bonito, o que nos permitiu traballar tamén sobre a IA (un bo recursos que debemos usar con responsabilidade e respecto, que non é un subistituto do noso trballo senón unha ferramenta máis); así pois, nós creámolo e a IA púxoo así de fermoso.  



18 maio 2026

Letras Galegas

E aquí vos deixamos unha fotiños da festa das nosas letras vivida hoxe no Ponte. En breve, os vídeos das nosas actuacións.