27 decembro 2025

Club do ganchillo no Nadal

 Que exitazo está a ter o noso club do ganchillo. Durante a derradeira semana deste primeiro trimestre funcionou todos os días e non só na biblio, senón tamén nas aula. Cousas fermosas: 


23 decembro 2025

Club do ganchillo en educación infantil

 Os máis peques do cole, tamén se quixeron unir ao club do ganchillo. E como non podía ser doutro xeito... os nosos voluntarios maquinaron esta idea para que eles tamén poidesen disfrutar deste novo club: facer árbores de Nadal!!!


19 decembro 2025

CALENDARIO CREATIVO

 Hoxe o noso alumnado leva para a casa o seu agasallo, un calendario anual do 2026 que estiveron facendo estes meses. Cada curso traballou unha temática: contos, lendas, refráns,... para crear un calendario anual individual. E así de fermosos nos quedaron: 


Boas festas

 E así, con este agasallo pechamos o primeiro trimestre do curso. 

A MAXIA DO PONTE

18 decembro 2025

17 decembro 2025

15 decembro 2025

Visita do Paxe Real

 Hoxe visitouno o Paxe Real, en colaboración co Concello de Frades, pasou a recoller as nosas cartas. 


 

13 decembro 2025

III ENCONTRO INTERXERACIONAL

Onte compartimos o III encontro interxeracional no Centro Sociocomunitario da Ponte Carreira. Alumnado do 3º ciclo de primaria, usuarios das casas do maior do concello e do centro sociocomunitario compartiron unha xornada chea de vivencia e de alegría, un intercambios de experiencias inolvidable. Lémoslles uns contos e logo fixemos con eles e elas adornos de Nadal. 

Premendo na imaxe poderás ver como foi a xornada. 



10 decembro 2025

Concurso de Nadal de RTVE

O alumnado de 6º de educación primaria participou cun contiño que leva por título CARTA DE NADAL no concurso de contos de RTVE. 

 

09 decembro 2025

Mochilas viaxeiras ricas ricas...

As nosas familias son do melloriño. Hoxe un alumno trouxonos un agasallo rico rico, aproveitando a receito dun dos libros que ian na súa mochila vaixeira mirade, mirade...


01 decembro 2025

III FEIRA DA CIENCIA EN GALEGO

Durante este pasado mes de novembro fixemos varios experimentos científicos e tamén a árbore pitagórica na biblio. O alumnado de ESO gozou das videoconferencia de Jorge Mira e Ángel Carracedo. E todo culmirá na...

25 novembro 2025

25N

No Día Internacional contra a Eliminación da Violencia de Xénero presentamos a activiade que fixemos en colaboración coa Mancomuniade e Cruz Vermella de Ordes. Os centros da comarca unímonos para recordar todas esas mulleres que foron ASASINADAS no que vai do 2025. Pintamos zapatos vermellos para simbolizar a cada unha delas. 



E aquí premendo na imaxe o vídeo na súa homenaxe. NON MÁIS ZAPATOS VERMELLOS!!! 


Hoxe, 25N, recomendámoche...

 Se premes nesta fermosa muller verás que recomendacións de lectura che fai o noso alumnado voluntario para ler estes días. E se hoxe te pasas pola biblio, xa sabes onde escoller.  


23 novembro 2025

Iniciamos club do ganchillo!!!

 Aviso a navegantes!!! O vindeiro mes de decembro iniciamos o club do ganchillo. Queres vir? Achégate ata a biblio todos os xoves!!!

21 novembro 2025

Mochilas viaxeiras en acción.

 E hoxe foi o gran día. Os nosos voluntarios repartiron as mochilas por cursos e déron unhas pequenas instruccións de uso e disfrute. 

20 novembro 2025

Mochilas viaxeiras

 Mañá é o día, arrinca a aventura das mochilas viaxeiras. 

Día Universal da Infancia

 Hoxe conmemoramos o Día da Infancia un ano máis dun xeito moi especial e da man de acougo.gal e Aseaf_isn. Hoxe chegamos evoltos en algo tan sinxelo e tan especial como un pixama. E, aínda que pareza un sinxelo xesto, ten un significado grande: recórdanos que a infancia precisa tenrura e protección, un mundo e un fogar no que sentirse seguro.

Que este día nos recorde que protexer a infancia non e un acto ocasional, senón un compromiso diario. E que tod@ nen@ merece medrar protexid@ e acompañad@
FELIZ DÍA DA INFANCIA!!! O Ponte co dereito de tod@nen@ a medrar en familia!!!

17 novembro 2025

Visita especial

O alumnado do 3º ciclo de primaria gozou hoxe doutra visita superespecial. Samuel, en compaña de membros da ONG Mestura, veu pasar un anaco connos e contar cousas da súa vida. A finalidade foi motivar e conciencia sobre a realidade social que viven as persoas inmigrantes e previr actitudes discriminatorias. 

Visítanos Vicente Feijoo

Hoxe contamos coa visita de Vicente Feijoo, coordinador técnico do proxecto Galicia Nomeada da Real Academia Galega. Dentro do proxecto Galicia Nomeada, falounos da recollida, organización e conservación da microtopinimia e as tradicións orais a ela asociadas. Tamén nos explicou a orixe do nome das 12 parroquias de Frades e fixemos un xogo tipo Trivial sobre toponimia...

14 novembro 2025

Paco Nogueira volve a Milfollas

Hoxe gorazamos do gran Paco Nogueiras. Un ano máis, e en colaboración con Kalandraka, gozamos dunha sesión de contos cantados espectacular. O alumnado de Infantil e 1º ciclo pasouno xenial. 

 

13 novembro 2025

Día da amabilidade

Na semana na que se conmemora o DÍA DA AMABILIDADE, unínomos para recordar a importancia de ser amables e xenerosos cos demáis. E adicamos unha palabra "amable" a un compañeir@ de xeito anónimo. 


Visítanos Antía Chamosa

Hoxe gozamos coa visita da atlteta Antía Chamosa. Especializada en marcha atlética veu pasar unha mañá connosco e contarnos cousiñas desta disciplina. Preme na imaxes e verás fotiños




10 novembro 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve as nosas mochilas iniciarán as súas visitas aos fogares. Os voluntarios xa case teñen todo listo. 

06 novembro 2025

Volve Paco Nogueirassss!!!

Contamos novamente coa visita de Pago Nogueiras, en colaboración coa editorial Kalandraka. Que guai!!! Será o vindeiro 14 de novembro. 


02 novembro 2025

Enterramos os nosos medos?

 Na derradeira semana de outubro a biblio converteuse nun camposanto de medos. Enterramos os nosos medos


31 outubro 2025

Cabazas

 Mirade que cabazas máis chulas nos envian as famlias. Sempre colaborando nivel top, top, top.


CICLO 666

Deixámovos por aquí o podcast 1 do ciclo 666. Accede á nosa canle e veralos todos. Non o perdas!!! 

27 outubro 2025

AMABUL visita o CPI Ponte Carreira

A semana pasada contamos co Programa de educación ambiental de @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom.


24 outubro 2025

A bruxa regañadentes

E neste día das biblioteca, unha parte do equipo de voluntarios fixéronnos pasar uns minutiños superdiveertidos e gozando coa lectura dun conto que cada ano nos gusta máis, "A bruxa regañadentes"

E este ano... con "teatro" incluído. Queres velo? Preme na imaxe e verás

Día das bibliotecas escolares

No Día das bibliotecas, amosámosvos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio.


 

 

21 outubro 2025

Héctor Caraville en Milfollas

O noso mestre e escritor Héctor Cajaraville pasou uns intres divertidísimos coas rapazas de 3º EP falando sobre unha lectura súa do libro de lingua galega. 



14 outubro 2025