Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións

25 novembro 2024

25N

 Polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres presetamos a HISTORIAL DUN MANDIL. Queres coñecela? 

25 novembro 2014

25 de Novembro: NON á VIOLENCIA de xénero!

Hoxe, en Secundaria, fixeramos "un photocall" acompañados polos cartaces que entre todos vós creástedes estas semanas no obradoiro da Mancomunidade sobre a violencia de xénero. Coidamos que foron momentos de reflexión e de recoñecemento destas actitudes que aínda sigue entre nós, e que só con educación, formación, sensibilización e loita de todos e cada un de nós poderemos arrinconar. En breve subiremos as fotos.

Polo momento disfrutade desta fermosa canción para homenaxear a todas as mulleres, "As matriarcas". É un adelanto do que será o segundo disco de Guadi Galego (antiga cantante de Berrogüeto) titulado "Lúas de outubro e agosto". Homenaxeando a todas as mulleres que están ao noso carón: nais, irmás, a amiga, a noiva, a avoa...Imaxes tenras, sinxelas e belas. Para que NUNCA, ningunha delas, ningunha e ningún de nós, teñamos que sufrir a violencia de xénero.


E para informarvos máis sobre o tema pinchade no seguinte enlace tan elaborado da biblioteca escolar do CPI da Cañiza onde recollen unha gran cantidade de material moi interesante, videos, datos, estadísticas...


E uns dos vosos traballos: