O día 24 de Febreiro vimos celebrando desde hai anos o Día de Rosalía de Castro, lembrando o aniversario do nacemento da nosa escritora máis recoñecida.
Cada ano a AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega) propón unhas actividades conxuntas aos centros de ensino para conmemorar e visibilizar a obra de Rosalía. Este ano a proposta era encher as redes cun dos versos de Cantares Galegos: "Trocando en sonrisas, queixiñas e choros". E por iso sacamos os versos a percorrer as diferentes estancias do cole: a biblioteca, o corredor, as aulas...E logo cada un de nós enviabaas fora dos nosos muros, a través das redes sociais.
A nosa aportación é neste blog, o noso blog da biblioteca de Pontecarreira!
En Infantil e Primaria disfrutamos da lectura de varios textos da autora por parte dos alumnos de primaria:
Deixámosvos aquí tamén un pequeno agasallo. Outro poema de Cantares e unha ilustración de Aldara Prado, que, grazas a Deputación de A Coruña, se difunde a través da Rede.
Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos