AS FOTOGRAFRÍAS E RECURSOS EXTERNOS USADOS NESTE BLOGUE TEÑEN FINS EDUCATIVOS; SE ALGUNHA ESTIVESE SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR, COMUNICÁDENOLO PARA RETIRALOS.
Un ano máis celebramos o DÍA DE ROSALÍA sumándonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
Para
elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e
fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.
En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.
O pasado 24 de xaneiro, os peques de infantil e os compis de 1º e 2º de primaria disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial; o encargado de facela así foi Paco Nogueiras, todo un artistazo, e que ademáis toca calquera instrumento que se lle poña por diante. Pasámolo xenial; clika na imaxe e verás.
E para que vexades o ben que o pasamos outra mostra, pero agora en vídeo...
Temos ás portas o San Valentín e dende a Biblioteca, xunto do EDLG, convocamos, un ano máis o CONCURSO DE DEBUXOS-TARXETAS de amor, amizade,... Bótalle un ollo ás bases porque hai novidades con respeto aos anos anteriores.