27 setembro 2024

Boas novas!!!


 
Ola amiguiños, hoxe traio boas e non tan boas noticias. Acaban de comunicarme que IMOS AMPLIAR A BIBLIO!!! Non vos podedes imaxinar que alegría levei cando mo dixeron; por fin os meus desexos se fan realidade e teremos máis espazo para gozar con e dos libros e moitas outras cousas que se poden facer na biblioteca. 

A noticia non tan boa é que as obras comezarán a finais de outubro. Hai que tirar un tabique, pintar,... polo que é, máis que probable, que a biblioteca física non poida abrir neste primeiro trimestre. 

Pero como sempre vos digo, calquera sitio é bo para convertelo por uns intres nunha biblioteca improvisada e iso será o que faremos ata que rematen as obras. 

Ai.... canto traballiño nos que da por diante!!! Menos mal que conto coa superaxuda dos mestres, que, ben é certo, tamén estaban agardando por esta noticia. 

O dito, estade atentos que as actividades seguen!!! Vémonos no patio, nos corredores, nas aulas,...; xa sabedes que eu ando por calquera sitio.

12 setembro 2024

Arrinca a aventura 24-25!!!

Moi boas a tod@s!!! Estades preparados para a aventura deste curso? Eu ando neso, xa case teño todo preparado. E tamén sei que este curso o cole está de aniversario... (50 anos de historia, buf... canto tempiño contruindo futurto) pois xa teño tamén tema para o PDI. Este vai ser... UN CURSO EN BRANCO E NEGRO


IMOS ALÓOO!!!