AS FOTOGRAFRÍAS E RECURSOS EXTERNOS USADOS NESTE BLOGUE TEÑEN FINS EDUCATIVOS; SE ALGUNHA ESTIVESE SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR, COMUNICÁDENOLO PARA RETIRALOS.
23 decembro 2013
16 decembro 2013
13 decembro 2013
Está chegando NADAL !!!
Arrecende a Nadal...e en Pontecarreira andamos moi activos decorando corredores, a entrada ...
O xoves, no recreo, medrou este fermoso árbol ao carón da biblioteca, e, como non podía ser doutro xeito...feito con libros, películas e CD´s. Grazas a todas as que vos achegástedes e colaborástedes en facelo posible de xeito tan creativo!!!
O xoves, no recreo, medrou este fermoso árbol ao carón da biblioteca, e, como non podía ser doutro xeito...feito con libros, películas e CD´s. Grazas a todas as que vos achegástedes e colaborástedes en facelo posible de xeito tan creativo!!!
E no hall, un Papa Noel con sabor "parisino" convidounos a facernos agasallos "especiais", como amigos invisibeis...Aquí están imaxes do proceso no que aínda estamos camiñando...O próximo xoves abriremos os paquetiños que xa comenzan a "aparecer", lixeiros, suxerentes...Disfrutaremos seguro!
12 decembro 2013
NELSON MANDELA
Gafiti de Mandela nas rúas de París
O pasado 10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, deixounos Nelson Mandela, un dos máximos representantes e activistas de todos os tempos en levar á realidade estes Dereitos. E todo eso, a través da concordia, da exixencia a través da palabra, dos xestos e mesmo da súa vida. Por todo esto, como fixeran no seu funeral, todos temos que cantar, bailar e lembrar a súa vida, os seus feitos, a súa mensaxe de esperanza para seguir avanzando como persoas.
Deixámosvos unha serie de páxinas moi interesantes para que profundicedes na súa vida:
10 decembro 2013
PARA LERES NO NADAL...
Achégase o Nadal e os nosos colabores fixeron unha selección de libros de contido navideño que temos na nosa biblioteca para que os disfrutemos durante o tempo de vacacións.
E decoraron a biblioteca para estes días previos ao Nadal. Aproveitanto vellos folletos e catálogos fixeron estes fermosos adornos:
E decoraron a biblioteca para estes días previos ao Nadal. Aproveitanto vellos folletos e catálogos fixeron estes fermosos adornos:
BO NADAL!!!
20 novembro 2013
Web de Música galega
A nova web de GalicianTunes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, busca a promoción da música galega. A páxina chega da man de Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).
Trátase dunha ferramenta útil para coñecer o traballo dos artistas e grupos. Podes elexir diferentes estilos e saber todo sobre os festivais que recorren Galicia.
Goza da música en Galicia!!
Selección interesante de LIBROS de CIENCIA
Deixámosvos nesta entrada unha interesante selección de textos científicos proposta desde o IES Illa de Tambo polo seu profesor de Física, Constantino Armesto, autor de ensaios de divulgación científica que contan con prestixiosos premios como:
- Armesto, Constantino: "Por los senderos de la ciencia", Madrid, Celeste, 1995 (Premio Prisma Casa das Ciencias de A Coruña de Divulgación Científica 1994)
- Armesto, Francisco y Armesto Constantino: "El enigma de la Esfinge", Alzira, Bromera Universidad de Valencia, 2000 (Premio Europeo de Divulgación Científica Estudi General Universidad de Valencia 1999)
Pois esta é a súa selección con títulos imprescindibles para engancharse ao marabilloso mundo da Ciencia!
10 novembro 2013
VIII Premio Castelao de Banda Deseñada para...FRAN BUENO!!
Noraboa a Fran Bueno, o autor que sempre lemos en 1º ESO, coas aventuras de Marcial e Palmira, no cómic de Climántica ...lembrades!!!
Pois acaba de facerse co Premio Castelao de Banda Deseñada, na súa VII edición, coa obra Catálogo oneroso de beleza gratuíta.
Este autor é coñecido tamén polas súas colaboracións nas revistas Tótem ou BD Banda. Ten unha liña de colaboración coa escritora Marilar Aleixandre con obras como De quen é a auga?, Parando a marea negra, Vivir no solo ou O sabor das mazás. En 2004 comeza a súa andaina internacional, en Francia, con Sales coups sur Strombo (guión de Pierre Veys) na revista Lafeust (Soleil) e en Estados Unidos con Noble Causes (Image) con guión de Jay Faerber.
Esperamos velo por Pontecarreira presentando as súas obras...gustaríavos??? Pois...quen sabe...esperemos un tempiño e veremos se hai sorpresa...;))
04 novembro 2013
O pasado 24 de Octubre celebrouse a nivel mundial o Día da Biblioteca. En Pontecarreira fixemos o que máis lle gusta á nosa... visitala, utilizala...vivila !! Visitade o seguinte pase de diapositivas para ver aos vosos compañeiros en plena faena!!
E a continuación deixámosvos un bonito conto dunha das vosas escritoras preferidas Laura Gallego , co motivo do Día da Biblioteca.
Todas as bibliotecas, todos os libros, todas as historias sobre libros (sexa cal sexa o seu soporte) serán ben recibidas para seguir falando de lectura. Atravesando a Terra e plantando letras...
"Érase una vez un viajero que llegó desde un lugar lejano a un pueblo en el que no había libros. Se sentó a descansar en la plaza mayor y sacó de su morral un viejo volumen de cuentos. Cuando empezó a leer en voz alta, los niños, que nunca habían visto nada semejante, se sentaron a su alrededor para escucharlo.
El visitante relató historias que fascinaron a sus oyentes y les hicieron soñar con fantásticas aventuras en reinos maravillosos. Cuando terminó, cerró el libro para volver a guardarlo en su morral. Nadie se percató de que, al hacerlo, escapaban de entre sus páginas algunas palabras sueltas que cayeron al suelo.
El viajero se marchó por donde había venido; tiempo después, los habitantes del pueblo descubrieron el pequeño brote que elevaba sus temblorosas hojitas hacia el sol, en el lugar en el que habían caído las palabras perdidas.
Todos asistieron asombrados al crecimiento de un árbol como no se había visto otro. Cuando llegó la primavera, el árbol exhibió con orgullo unas hermosas flores de pétalos de papel. Y, con los primeros compases del verano, dio fruto por primera vez.
Y sus ramas se cuajaron de libros de todas clases. Libros de aventuras, de misterio, de terror, de historias de tiempos pasados, presentes y futuros. Algunos se atrevieron a coger esos frutos, y había un sabio en el lugar que les enseñó a leer para poder disfrutarlos.
A veces, la brisa soplaba y sacudía las ramas del árbol. Las hojas de los libros se agitaban y dejaban caer nuevas palabras. Y pronto hubo más brotes por todo el pueblo; y en apenas un par de años, los árboles-libro estaban por todas partes.
Se corrió la voz; muchos investigadores, curiosos y turistas pasaron por allí para conocer el lugar donde los libros crecían en los árboles. Los habitantes del pueblo leían sus páginas con fruición, y cuidaban cada brote con gran mimo. Y así iban recogiendo más y más historias con cada nueva cosecha de libros.
Un día, los más sabios del lugar se reunieron y acordaron compartir su tesoro con el resto del mundo. Eligieron a un grupo de jóvenes y los animaron a escoger un libro del primer árbol que había crecido en el pueblo. Después, los enviaron a recorrer los caminos.
Ellos se repartieron por el mundo, buscando un hogar para su preciada carga, y así, con el tiempo, cada uno dejó su libro en una biblioteca diferente.
Y cuenta la historia que allí siguen todavía. Que hay algunas bibliotecas que guardan entre sus estantes un libro especial que deja caer palabras-semilla. Y que, si aterrizan en el lugar adecuado, cada una de esas palabras crecerá hasta convertirse en un árbol que dará como fruto nuevos libros.
Nadie sabe en qué bibliotecas se encuentran estos libros maravillosos. Se desconoce también cuáles, de entre todos sus volúmenes, son los que proceden del pueblo donde los libros crecen en los árboles. Podría ser cualquiera, y podría estar escondido en cualquier rincón de cualquier biblioteca del planeta.
Animaos a entrar en ellas y a explorar sus estanterías, viajeros; porque quizá deis por casualidad con un libro cuyas palabras echen raíces en vuestro corazón y hagan crecer un magnífico árbol de historias cuyas semillas puedan llegar a cambiar el mundo.
¡Feliz día de la biblioteca!"
LENDO NO SAMAÍN
Despois de adornas a biblioteca adicamos varias sesións de "lecturas terroríficas" para pequenos e maiores. Preme na imaxe e verás o resultado
LECTURAS TERRORIFICAS NO SAMAIN |
03 novembro 2013
NORMAS DA BIBLIO DE INFANTIL E PRIMARIA
Os nosos colaboradores xa están en acción. Elaboraron estas normas para que, entre todos e todas, disfrutemos da nosa biblioteca.
1.- Se temos que falar, farémolo en VOZ BAIXIÑA para non molestar aos demáis.
2.- A biblioteca é para LER e facer CONSULTAS; non para xogar nin beber ou comer.
3.- Mantén a ORDE e busca un lugar cómodo para DISFRUTAR dos libros.
4.- Deixa os LIBROS COLOCADOS no seu lugar, cos lombos cara a fóra. Se non sabes onde colocalo, entrégallo a un dos colaboradores; el encargarase de colocalo.
5.- Coloca o teu MARCADOR no sitio do libro que queres ler. Cando remates, devolve o libro ao seu lugar e garda o marcador. Entre todos manteremos os libros ordenados.
6.- Os líbros préstanse por 15 DÍAS. Cando o teñas escollido, lévallo ao colaborador para que cho anote. Para devolvelo entrégallo sempre ao colaborador, non o deixes directamente nos andeis.
Se non remataches de lelo, podes renovalo por outros 15 días.
7.- Se queres facer unha tarefa como estudar, traballos de investigacións, deberes,... séntate na ZONA DE TRABALLO.
8.- Se atopas un libro un pouco "danado" lévao á ENFERMERÍA DE LIBROS para que nós poidamos arranxalo.
9.- Para usar os ordenadores tes que RESPETAR QUENDA. Recorda que só poden estar DÚAS PERSOAS POR ORDENADOR.
10.- Ao sairmos da biblioteca deixamos TODOS (libros, marcadores, materiais de traballo, cadeiras,...) COLOCADO e RECOLLIDO.
11.- Deixa o teu ABRIGO NOS PERCHEIROS da entrada.
12.- Poder dixar as túas dúbidas, suxerencias de actividades, libros,... no noso BUZÓN DE SUXERENCIAS que atoparás na entrada da biblioteca.
13.- Podemos entrar e saír da biblioteca dando queiramos, pero non podemos pasar todo o tempo entrando e saíndo.
1.- Se temos que falar, farémolo en VOZ BAIXIÑA para non molestar aos demáis.
2.- A biblioteca é para LER e facer CONSULTAS; non para xogar nin beber ou comer.
3.- Mantén a ORDE e busca un lugar cómodo para DISFRUTAR dos libros.
4.- Deixa os LIBROS COLOCADOS no seu lugar, cos lombos cara a fóra. Se non sabes onde colocalo, entrégallo a un dos colaboradores; el encargarase de colocalo.
5.- Coloca o teu MARCADOR no sitio do libro que queres ler. Cando remates, devolve o libro ao seu lugar e garda o marcador. Entre todos manteremos os libros ordenados.
6.- Os líbros préstanse por 15 DÍAS. Cando o teñas escollido, lévallo ao colaborador para que cho anote. Para devolvelo entrégallo sempre ao colaborador, non o deixes directamente nos andeis.
Se non remataches de lelo, podes renovalo por outros 15 días.
7.- Se queres facer unha tarefa como estudar, traballos de investigacións, deberes,... séntate na ZONA DE TRABALLO.
8.- Se atopas un libro un pouco "danado" lévao á ENFERMERÍA DE LIBROS para que nós poidamos arranxalo.
9.- Para usar os ordenadores tes que RESPETAR QUENDA. Recorda que só poden estar DÚAS PERSOAS POR ORDENADOR.
10.- Ao sairmos da biblioteca deixamos TODOS (libros, marcadores, materiais de traballo, cadeiras,...) COLOCADO e RECOLLIDO.
11.- Deixa o teu ABRIGO NOS PERCHEIROS da entrada.
13.- Podemos entrar e saír da biblioteca dando queiramos, pero non podemos pasar todo o tempo entrando e saíndo.
A BIBLIOTECA É DE TODOS. DEBEMOS COIDALA E MANTELA ORDENADA.
ANÍMATE E NON DEIXES DE VISITARNOS. ESTÁMOSTE AGARDANDO!!!
01 novembro 2013
Exposición de Anxo Romar en Pontecarreira
É tempo de Ciencia, na biblioteca, xa sabedes...E esta vez a entrada do blog é para mesturar ciencia con arte...e logho!
Lembraremos a exposición do profe de Física e Química, Anxo Romar que tivemos a sorte de gozar a finais do curso pasado.
Imos darlle un tempiño para traballar en novas obras, pero...iso si, esperamos que as volva a mostrar no cole, porque quedamos encantados!!
E parece que hai moito tempo xa da exposición...pero tan só foi en Xuño, mala época para facer unha entrada no blog como se merecía (xa sabemos, final de curso...). Pero aquí está, e así lembramos un pouco as marabillosas imaxes das obras de este autor, autodidacta, que comezou a pintar animado pola súa muller, e que agora...non pode parar!!! E ademais parece que vai pasando o relevo ao máis pequeno da familia. Xa vedes rapaces...TODO É EMPEZAR !!!
Como bo artista-científico curioso, aínda que comezou traballando ao óleo (que difícil!) foi probando outras técnicas (pasteis, acrílicos, acuarelas...), novos soportes preparados por el mesmo con gesso, sobre madeira, cartón...e engadindo texturas que fixeran máis pastosas as súas pinceladas.
Os temas escollidos dinos moito del, do seu entorno (paisaxes mariñeiras, mulleres do mar en plena faena...) e da súa paixón ( esas formas dos ácidos desoxirribonucleicos, ADN, que podemos ver en algún dos seus retratos, as formas celulares...) así como a influencia de autores galegos relevantes como Seoane...
Xa se sabe: proba, intenta , volve a probar, compara...goza ao fin e ao cabo...
Anxo Romar, todo un científico-artista en tódalas facetas da súa vida!!!
18 outubro 2013
24 de Octubre...Día das Bibliotecas escolares
Recoñeces a imaxe? Atopáchela xa ??...Unha pistiña...busca nas portas da biblio...
Este é o cartel divulgativo que, como cada ano, chega para conmemorar a data do 24 de Octubre, Día das Bibliotecas Escolares. Este ano a ilustración é de Patricia Castelao e o lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata
de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan
temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora de vós, os alumnos!
Polo de agora, achegámoste a Ciencia en papel...
e mellor aínda...en VIVO e en DIRECTO!!
15 outubro 2013
NORABOA!! O Premio Nacional de Poesía 2013 é galego!
Este libro xa fora recoñecido con Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co premio Ánxel Casal da AGE (Academia Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.
Álvarez Torneiro (A Coruña, 7 de xullo de 1932) traballou como xornalista, e aínda que comezou a escribir poesía con 18 anos, a súa primeira publicación foi Memoria dun silencio, en 1982. Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta.
Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan Rigorosamente humano ( 1995) e Luz de facer memoria (1999).
Parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega!
A que esperas para lelo!! Aproveita e ven á sección de poesía da Biblio...está esperando por TI !
COMEZAMOS O 2013/14 !!!
Pois é certo...Hai xa un mes! desde que comezamos este novo curso e aquí estamos agora para darvos a Benvida a este 2013-14 que promete ser un bo ano en Pontecarreira...e logho!
Estivemos organizando as actividades e obradoiros deste curso ofertados na Hora de Ler. GRACIAS a todos por participar tan activamente no Club de Lectura e na Lectura de Teatro!!!. Máis da mitade dos alumnos de secundaria están apuntados a un, a outro...ou aos dous. E ao longo do curso é casi seguro que poderemos ofertar..."outras actividades" ás que poderedes engadirvos...Pero non imos adelantar acontecimientos...
De momento unha primeira imaxe dos vosos compañeiros do Club de Lectura "A Cova das palabras" na primera xuntanza. Penso que o pasaron moi ben!
Estivemos organizando as actividades e obradoiros deste curso ofertados na Hora de Ler. GRACIAS a todos por participar tan activamente no Club de Lectura e na Lectura de Teatro!!!. Máis da mitade dos alumnos de secundaria están apuntados a un, a outro...ou aos dous. E ao longo do curso é casi seguro que poderemos ofertar..."outras actividades" ás que poderedes engadirvos...Pero non imos adelantar acontecimientos...
De momento unha primeira imaxe dos vosos compañeiros do Club de Lectura "A Cova das palabras" na primera xuntanza. Penso que o pasaron moi ben!
Lembra que podes apuntarte en calquera momento do curso...anímaste??
22 setembro 2013
OS COLABORADORES XA ESTÁN LISTOS
Comeza o novo curso e a partires do mes de outubro a biblioteca de infantil e primaria estará aberta de luns a venres de 13:45 a 14:20.
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria forman o grupo de colaboradores que, na compaña dun mestre colaborador, están xa preparados para desenvolver as súas tarefas.
(detras: Alba, Lucía, Nerea, Judith, Lorena, Carlos e Rubén; diante: Carla, Nuria, Pablo U., Paula, María, Olalla e Pablo G.)
Cada día, 4 deles encargaranse de: prestar libros, recoller devolucións, organizar as consultas nos ordenadores, ordear os libros nos andeis, lerlles aos máis peques, organizar diferentes exposicións,... e procurar que haxa un clima de ton de voz baixo e agradable.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!
27 xuño 2013
Clases sen fume!
Agora que xa rematamos o curso, os exames, as notas incluso!!! é tempo de recuperar eses traballos que fixeramos durante o ano e que, por unhas cousas e outras tardaron en chegar. Pero imos por orde...
En primer lugar a participación do alumnado de 1º e 2º de ESO no Concurso "Clases sen fume" que, desde hai anos, é un referente na nosa programación das titorías. Como sabedes, este concurso está promovido pola Consellería de Sanidade e cada ano ven unha das súas representantes (nos últimos anos Berta) para contarnos con datos e estatísticas, os productos que compoñen e os efectos nocivos do tabaco. E logo ven..."A PROBA"...ese día que Berta aparece co seu "aparatiño de medición" e temos que soprar para confirmar que ninguén fumou...madia leva!
Pero o que máis vos gustará será ver os traballos dos compañeiros, verdad? Pois aquí tedes o debuxo dos alumnos de 2º (do traballo de 1º esquecimos facer a foto antes de enviarla...;(((..
En primer lugar a participación do alumnado de 1º e 2º de ESO no Concurso "Clases sen fume" que, desde hai anos, é un referente na nosa programación das titorías. Como sabedes, este concurso está promovido pola Consellería de Sanidade e cada ano ven unha das súas representantes (nos últimos anos Berta) para contarnos con datos e estatísticas, os productos que compoñen e os efectos nocivos do tabaco. E logo ven..."A PROBA"...ese día que Berta aparece co seu "aparatiño de medición" e temos que soprar para confirmar que ninguén fumou...madia leva!
Pero o que máis vos gustará será ver os traballos dos compañeiros, verdad? Pois aquí tedes o debuxo dos alumnos de 2º (do traballo de 1º esquecimos facer a foto antes de enviarla...;(((..
Actividade creativa de 2º ESO. Video "Fai o que eu digo e non o que eu fago"
Pois, ademais de aprender moitas cousas, gañamos un Accésit pola participación de tantos anos no concurso e agasalláronnos cunhas entradas para o Aquapark de Cerceda !!! Ímoslo celebrar ben!
14 xuño 2013
O Portal das Palabras
Mirade que interesante páxina acaba de aparecer...para aprender, divertirse, coñecer mellor o noso idioma...Agora que imos ter tooooooooooodo o verán por diante!!!
"Vídeos con explicacións sobre os significados das palabras, textos nos que os membros da Academia explican os seus termos favoritos, exemplos, xogos e recursos didácticos son só algúns dos recursos que están dispoñibles no Portal das Palabras" se nos di na presentación.
A Real Academia Galega presentou o Portal das palabras. Unha iniciativa que leva a cabo coa Fundación Barrié.
"Vídeos con explicacións sobre os significados das palabras, textos nos que os membros da Academia explican os seus termos favoritos, exemplos, xogos e recursos didácticos son só algúns dos recursos que están dispoñibles no Portal das Palabras" se nos di na presentación.
Esta proposta, inclúe tamén unha nova versión do dicionario en liña da RAG, incluíndo sistemas de busca avanzada, sinónimos e versións do mesmo para teléfonos móbiles.
Entremos...
Entremos...
DOCUMENTAL sobre o poeta DÍAZ CASTRO
Non deixedes de ver este interesante e ben feito documental sobre un dos nosos poetas, Díaz Castro. Deixámosvos as palabras de presentación dos seus realizadores e o enlace ao mesmo.
A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro
A Biblioteca Poeta Díaz Castro colabora na difusión dos traballos realizados polos alumnos do IES,neste caso con especial ilusión e interés.
Un poeta nace ou faise? Esta é unha das preguntas que os alumnos do instituto de Guitiriz tratan de responder neste documental sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, quen creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou nos versos cando aínda era un rapaz, tamén coma eles. Mesturando entrevistas e poemas musicados, esta curta destaca a vixencia da obra de Díaz Castro e aporta unha mirada fresca sobre a poesía, como unha maneira de aferrarse ó mundo e sentirse vivo.
Para ver o documental segue o enlace
Para saber máis
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada“A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia..
Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. A directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado superou con moito as expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea repercusión ó traballo educativo que se realiza cos alumnos do rural galego, ademais de axudar a difundir a figura de Díaz Castro: “Un autor aínda moi descoñecido e que precisa recuperar o seu lugar no imaxinario cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de música e que compuxo as cancións, destacou a creatividade e implicación dos rapaces, ata o punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos poemas. Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles en Internet.
11 xuño 2013
XA SOMOS PERSOAS - LIBRO !!
Pois si, en Pontecarreira ...Xa somos Persoas - Libro!!!
Despois de elexir, memorizar, gravar, editar...chegou o momento de disfrutar deste marabilloso traballo que foi posible gracias a TODAS e TODOS!
Despois de elexir, memorizar, gravar, editar...chegou o momento de disfrutar deste marabilloso traballo que foi posible gracias a TODAS e TODOS!
Grazas pola participación e o entusiasmo!!!
13 maio 2013
ESTÁ CHEGANDO!!!
Así, como quen non quere a cousa...amodiño...estase achegando o "Día das Letras Galegas"!!! porque siiiiiii...xa estamos a mediados de Maio!!! Este ano esta adicada a Roberto Vidal Bolaño, e sabemos que xa o estades traballando nas aulas.
O xoves 16 celebraremos a nosa "tradicional" Romería no Cole, con videos sobre a súa vida e obra e a lectura dun pequeno manifiesto escrito por vós. Ademáis os compañeiros de Primaria demostrarán novamente as súas dotes interpretativas. Agardamos por elo!
Pero para que vaiades bailando un pouco, deixámosvos este video-brincadeira de Paco Nogueiras, que estamos seguros ides ver e ver...e cantar e bailar.. Atentos...TEN KARAOKE!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)