AS FOTOGRAFRÍAS E RECURSOS EXTERNOS USADOS NESTE BLOGUE TEÑEN FINS EDUCATIVOS; SE ALGUNHA ESTIVESE SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR, COMUNICÁDENOLO PARA RETIRALOS.

14 xuño 2013

DOCUMENTAL sobre o poeta DÍAZ CASTRO

Non deixedes de ver este interesante e ben feito documental sobre un dos nosos poetas, Díaz Castro. Deixámosvos as palabras de presentación dos seus realizadores e o enlace ao mesmo.

A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro

A Biblioteca Poeta Díaz Castro colabora na difusión dos traballos realizados polos alumnos do IES,neste caso con  especial ilusión e interés.

 Un poeta nace ou faise? Esta é unha das preguntas que os alumnos do instituto de Guitiriz tratan de responder neste documental sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, quen creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou nos versos cando aínda era un rapaz, tamén coma eles. Mesturando entrevistas e poemas musicados, esta curta destaca a vixencia da obra de Díaz Castro e aporta unha mirada fresca sobre a poesía, como unha maneira de aferrarse ó mundo e sentirse vivo.

 Para ver o documental segue o enlace




Para saber máis


            O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada“A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia..

             Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. A directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado superou con moito as expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea repercusión ó traballo educativo que se realiza cos alumnos do rural galego, ademais de axudar a difundir a figura de Díaz Castro: “Un autor aínda moi descoñecido e que precisa recuperar o seu lugar no imaxinario cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de música e que compuxo as cancións, destacou a creatividade e implicación dos rapaces, ata o punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos poemas. Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles en Internet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario