Noraboa a Fran Bueno, o autor que sempre lemos en 1º ESO, coas aventuras de Marcial e Palmira, no cómic de Climántica ...lembrades!!!
Pois acaba de facerse co Premio Castelao de Banda Deseñada, na súa VII edición, coa obra Catálogo oneroso de beleza gratuíta.
Este autor é coñecido tamén polas súas colaboracións nas revistas Tótem ou BD Banda. Ten unha liña de colaboración coa escritora Marilar Aleixandre con obras como De quen é a auga?, Parando a marea negra, Vivir no solo ou O sabor das mazás. En 2004 comeza a súa andaina internacional, en Francia, con Sales coups sur Strombo (guión de Pierre Veys) na revista Lafeust (Soleil) e en Estados Unidos con Noble Causes (Image) con guión de Jay Faerber.
Esperamos velo por Pontecarreira presentando as súas obras...gustaríavos??? Pois...quen sabe...esperemos un tempiño e veremos se hai sorpresa...;))
Ningún comentario:
Publicar un comentario