27 decembro 2025

Club do ganchillo no Nadal

 Que exitazo está a ter o noso club do ganchillo. Durante a derradeira semana deste primeiro trimestre funcionou todos os días e non só na biblio, senón tamén nas aula. Cousas fermosas: 


23 decembro 2025

Club do ganchillo en educación infantil

 Os máis peques do cole, tamén se quixeron unir ao club do ganchillo. E como non podía ser doutro xeito... os nosos voluntarios maquinaron esta idea para que eles tamén poidesen disfrutar deste novo club: facer árbores de Nadal!!!


18 decembro 2025

17 decembro 2025

15 decembro 2025

Visita do Paxe Real

 Hoxe visitouno o Paxe Real, en colaboración co Concello de Frades, pasou a recoller as nosas cartas. 


 

13 decembro 2025

III ENCONTRO INTERXERACIONAL

Onte compartimos o III encontro interxeracional no Centro Sociocomunitario da Ponte Carreira. Alumnado do 3º ciclo de primaria, usuarios das casas do maior do concello e do centro sociocomunitario compartiron unha xornada chea de vivencia e de alegría, un intercambios de experiencias inolvidable. Lémoslles uns contos e logo fixemos con eles e elas adornos de Nadal. 

Premendo na imaxe poderás ver como foi a xornada. 



12 decembro 2025

Club do ganchillo. Os inicios

 Levamos dous xoves de club do ganchillo e isto vai coma un tiro. 


CALENDARIO CREATIVO

 Hoxe o noso alumnado leva para a casa o seu agasallo, un calendario anual do 2026 que estiveron facendo estes meses. Cada curso traballou unha temática: contos, lendas, refráns,... para crear un calendario anual individual. E así de fermosos nos quedaron: 


Calendario mitolóxico Monte Viso

Fixemos un calendario anual do 2026 sobre a mitoloxía do Monte Viso

10 decembro 2025

Concurso de Nadal de RTVE

O alumnado de 6º de educación primaria participou cun contiño que leva por título CARTA DE NADAL no concurso de contos de RTVE. 

 

As cores do outono

Estamos no outono, e decidimos solicitar a colaboración das familias para facer un libriño que recollese as CORES DO OUTONO na nosa zona. Aquí vos deixamos o recollido. Graciñas por participar. 


09 decembro 2025

Mochilas viaxeiras ricas ricas...

As nosas familias son do melloriño. Hoxe un alumno trouxonos un agasallo rico rico, aproveitando a receito dun dos libros que ian na súa mochila vaixeira mirade, mirade...


01 decembro 2025

III FEIRA DA CIENCIA EN GALEGO

Durante este pasado mes de novembro fixemos varios experimentos científicos e tamén a árbore pitagórica na biblio. O alumnado de ESO gozou das videoconferencia de Jorge Mira e Ángel Carracedo. E todo culmirá na...