27 novembro 2025
25 novembro 2025
25N
No Día Internacional contra a Eliminación da Violencia de Xénero presentamos a activiade que fixemos en colaboración coa Mancomuniade e Cruz Vermella de Ordes. Os centros da comarca unímonos para recordar todas esas mulleres que foron ASASINADAS no que vai do 2025. Pintamos zapatos vermellos para simbolizar a cada unha delas.
Hoxe, 25N, recomendámoche...
Se premes nesta fermosa muller verás que recomendacións de lectura che fai o noso alumnado voluntario para ler estes días. E se hoxe te pasas pola biblio, xa sabes onde escoller.
23 novembro 2025
Iniciamos club do ganchillo!!!
Aviso a navegantes!!! O vindeiro mes de decembro iniciamos o club do ganchillo. Queres vir? Achégate ata a biblio todos os xoves!!!
21 novembro 2025
Mochilas viaxeiras en acción.
E hoxe foi o gran día. Os nosos voluntarios repartiron as mochilas por cursos e déron unhas pequenas instruccións de uso e disfrute.
20 novembro 2025
Día Universal da Infancia
Hoxe conmemoramos o Día da Infancia un ano máis dun xeito moi especial e da man de acougo.gal e Aseaf_isn. Hoxe chegamos evoltos en algo tan sinxelo e tan especial como un pixama. E, aínda que pareza un sinxelo xesto, ten un significado grande: recórdanos que a infancia precisa tenrura e protección, un mundo e un fogar no que sentirse seguro.
17 novembro 2025
Visita especial
O alumnado do 3º ciclo de primaria gozou hoxe doutra visita superespecial. Samuel, en compaña de membros da ONG Mestura, veu pasar un anaco connos e contar cousas da súa vida. A finalidade foi motivar e conciencia sobre a realidade social que viven as persoas inmigrantes e previr actitudes discriminatorias.
Visítanos Vicente Feijoo
Hoxe contamos coa visita de Vicente Feijoo, coordinador técnico do proxecto Galicia Nomeada da Real Academia Galega. Dentro do proxecto Galicia Nomeada, falounos da recollida, organización e conservación da microtopinimia e as tradicións orais a ela asociadas. Tamén nos explicou a orixe do nome das 12 parroquias de Frades e fixemos un xogo tipo Trivial sobre toponimia...
14 novembro 2025
Paco Nogueira volve a Milfollas
Hoxe gorazamos do gran Paco Nogueiras. Un ano máis, e en colaboración con Kalandraka, gozamos dunha sesión de contos cantados espectacular. O alumnado de Infantil e 1º ciclo pasouno xenial.
13 novembro 2025
Día da amabilidade
Na semana na que se conmemora o DÍA DA AMABILIDADE, unínomos para recordar a importancia de ser amables e xenerosos cos demáis. E adicamos unha palabra "amable" a un compañeir@ de xeito anónimo.
Visítanos Antía Chamosa
Hoxe gozamos coa visita da atlteta Antía Chamosa. Especializada en marcha atlética veu pasar unha mañá connosco e contarnos cousiñas desta disciplina. Preme na imaxes e verás fotiños
11 novembro 2025
10 novembro 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS
En breve as nosas mochilas iniciarán as súas visitas aos fogares. Os voluntarios xa case teñen todo listo.
06 novembro 2025
Volve Paco Nogueirassss!!!
Contamos novamente coa visita de Pago Nogueiras, en colaboración coa editorial Kalandraka. Que guai!!! Será o vindeiro 14 de novembro.
03 novembro 2025
02 novembro 2025
Enterramos os nosos medos?
Na derradeira semana de outubro a biblio converteuse nun camposanto de medos. Enterramos os nosos medos





.jpg)













