28 marzo 2026

27 marzo 2026

Despedimos o segundo trimestre D´Cine

Tal e como manda a tradición no Ponte, despedimos o segundo trimestre con saída ao cine e posterior 
MC´PONTE. 
Fomos ver HOPPERS!!!
 
  
 

26 marzo 2026

Liberando un poema.

Os maiores do cole, os de ESO, convertéronse na CUADRILLA DA POESÍA e foron liberando poemas polo pobo.


Charla madereira

Hoxe, días despois de que se conmemora o Día Internacional dos Bosques, 21 de marzo, visitounos Lugomadeira. Impartiu a charla "O sector forestal: tan próximo coma descoñecido". Falounos da importancia deste sector desde varios puntos de vista: económico, de empleo, medioambiental e clave para manter activo o rural galego. E déronnos un diploma de "defensor do sector forestal". 

 

20 marzo 2026

Día Mundial do Síndrome de Down

Sementamos respecto, coidamos a diversidade e hoxe o Ponte florece amarelo. 

O amarelo ilumina, o amarelo representa alegría, diversidade e inclusión. 

Porque a diversidade tamén florece... 21M: Día Mundial do Sindrome de Down 




Visita do Monbus Obradoiro

Hoxe gozamos dunha visita moi especial, por terceiro ano consecutivo visitounos o Monbus Obradoiro. A sorpresa desta visita dóunola a súa mascota CHICHA. 

17 marzo 2026

AS AVENTURAS DE LANDRIÑA

 Anímaste a crear a túa banda deseñada? Deixámoche por aquí estas imaxes para que lles poñas texto. 

DÍA DA BANDA DESEÑADA



 Hoxe, no día da Banda Deseñada, os nosos voluntarios fixeron unha selección de cómics para recomendar a súa lectura. 


Todas e todos contamos

Hoxe contamos coa visita dos amigos de Igualarte que, por medio de Afundación Abanca, viñeron ofrecernos dous obradoiros sobre a igualdade. 

09 marzo 2026

8M. As mulleres que coidan do monte

8M EN CLAVE DE MONTE GALEGO. A nosa homenaxe a esas grandes mulleres que protexen, coidan, conservan,... o noso monte.
MONTE VIVO, MULLERES IMPRESCINDIBLES


Entrevistando a Julia, a brigadista

A semana pasada coñecemos a Julia, unha brigadista, e fixémoslle unha entrevista. Con ela aprendemos que as nenas, as mozas, as mulleres,... poden ser todo o que se propoñan. Miraque que ben pasamos con ela. 

 

08 marzo 2026

Hoxe recomendámosche...

 


A ÁRBORE MORADA

Neste día da muller fixemos a nosa árbore morada con verbas adicadas ás mulleres: fortes, valentes, poderosas,.... con tarxetiñas que elaborou o alumnado. 

A rama rescatámola dun monte cercano; o forte vento destes días rompeuna e nós démoslle unha segunda vida porque está comezando a brotar de novo.