15 novembro 2016

LEONARD COHEN

O cantante canadiense Leonard Cohen faleceu aos 82 anos, logo de publicar o seu derradeiro álbum en outubro.

Poeta e cantante, non deixedes de escoitar as súas cancións e de atender ás súas palabras, de amor, desamor, desaliente e fortaleza...Aquí deixamos un enlace donde poder escoitar algunha delas:










E aquí podedes velo, xa ben maior, no discurso que ofreceu cando recollía o Premio Príncipe de Asturias das Letras no 2011. Paga a pena ver e escoitar a historia do seu primer profesor de música, un mozo español  que hai moitos anos aprendeulle a tocar os primeiros acordes na guitarra:




Como estamos seguros que queredes saber máis sobre el...aquí atoparedes outros artículos e programas:  Máis sobre Leonard Cohen

28 outubro 2016

Lecturas de medo na biblio

Que ben o pasamos esta semana na hora de ler... Na biblioteca poidemos disfrutar de varias historias de medo...



25 outubro 2016

O samaín chega a biblioteca

Deste xeito chega o Samaín á nosa biblioteca para que disfrutes das lecturas terroríficas que che recomendamos...









05 outubro 2016

Librato bótanos de menos...

Despois dusn meses de descanso, Librato xa hai uns días que anda argallando na biblio de infantil e primaria e este pasado luns todo estaba listo para a inaguración do curso 16-17.  Estaba desexando vernos e mesmo nos trouxo un agasallo.


Aquí vos deixamos unhas fotiños deste primeiro día do curso 16-17 na nosa biblio.






04 outubro 2016

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes"

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.

A imaxe do cartel este ano foi creada por MINIA REGOS. Garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Convidámosvos pois a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos...)




E para comezar cunhas impresionantes imaxes ao carón de nós, en Ordes, deixámosvos este video donde nos presentan algúns dos murais que, nestes días, realizaran na vila. Pero é tan só un adelanto, ide a disfrutalos en vivo e en directo...e contádenolo!!

                                               
                       DES-ORDES