A nosa biblioteca xa está lista para festexar mañá o San Valentín, Día da Amizade,... ou como queirades chamarlle. Animádevos e vide visitala.
13 febreiro 2017
02 febreiro 2017
Concurso San Valentín
Temos ás portas o San Valentín e dende a Biblioteca, xunto do EDLG, convocamos, un ano máis o CONCURSO DE DEBUXOS-TARXETAS de amor, amizade,... Bótalle un ollo ás bases porque hai novidades con respeto aos anos anteriores.
23 xaneiro 2017
LIBROS QUE VEÑEN E VAN...
Chegaron ao cole. Case mil libros. Que ilusión! Libros dunha biblioteca municipal que pecha cara a outra biblioteca pública escolar que crece...
Os agasallos sempre son benvidos, e máis se nos traen palabras, soños, aventuras, ensaios e moita, moita poesía....
Tocaba colocalos "no seu sitio", nos andeis da biblioteca. E que mellor modo que pasar por as vosas mans. Agora si que podedes decir que este ano "tocasteis" uns mil libros!!! Agora tan só fai falta acercarse a eles, abrilos e disfrutalos!!! Pouco a pouco, eh, non fai falla que sexan todos este ano..,)))
GRAZAS!!
ESTA CADEA DE TRABALLO SI QUE É BOA!!
19 xaneiro 2017
MARILAR ALEIXANDRE ingresa na REAL ACADEMIA GALEGA
Comezamos este novo ano cunha boa nova. Marilar Aleixandre, bióloga e escritora, ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, pasando a ocupar a cadeira do falecido Xosé Neira Vilas. Ámbolos dous pasaron polo noso centro hai anos e deles temos un magnífico recordo, como escritores sabendo que contar e sobre todo, a nivel humano, como facelo.
Ten recibidos premios como o Merlín ou o Premio da Crítica por A expedición do Pacífico, o Lazarillo por A banda sen futuro ou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil por A cabeza de Medusa.
E como sempre...o mellor é pasar pola biblioteca e levar un dos seus libros...para coñecela mellor e poder reconocer o seu mérito.
Se queres tamén podes atopar máis información na súa páxina na AELG : Biografía na AELG ou ler o seu Discurso de ingreso na RAG. Por suposto, podes visitar o Blog de Marilar Aleixandre.
Que aproveite a lectura!
27 decembro 2016
Lecturas polo Nadal
Que ben o pasamos este mes da biblio; decorada para o Nadal disfrutamos de varias lecturas individuais ou en pequeno grupo a cargo dos voluntario de 5º e 6º de primaria. Temos pouquiñas fotos, pero son a boa mostra do ben que o pasamos.
21 decembro 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











