Hoxe é o DÍA, o día das LETRAS GALEGAS, as nosas letras. Este é a nosa pequena homenaxe. Axudados pola biografía feita polo Seminario Galán facemos este breve percorrido pola vida de María Victoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018
17 maio 2018
15 maio 2018
Mes dos libros 2018
Durante o mes de abril, mes dos libros, sacamos os nosos libros oa patio en varias ocasións e puidemos disfrutar dunha fabulosa combinación: libros, lectura, natureza, bo tempo,...
27 abril 2018
Concerto de Paco Nogueiras
Bueno, bueno, bueno. Que visita especial tivemos hoxe...
Nada máis nin nada menos que... PACO NOGUEIRAS. Que ben o pasamos ao ritmo do seu libro-cd BRINCA VAI.
Moitísimas grazas Paco, pasámolo xenial e esperamos verte prontiño outra vez.
Foi un pracer
Xa sabes... premendo na imaxe... máis fotiños
Día do Libro
Os vagalumes de infantil celebraron o día do libro facendo un debuxo do seu conto favorito. Aquí o resultado:
24 abril 2018
DÍA DO LIBRO 2018
Para festexar o DÍA DO LIBRO, un ano máis, realizamos os APADRIÑAMENTOS LECTORES que tanto éxito teñen entre o noso alumnado.
23 abril 2018
Día do libro: presentación do noso "Arte e literatura"
Este ano celebramos o Día do Libro coa presentación dun moi especial: "Arte e literatura", deseñado polo alumnado de secundaria en varios días de proxecto lector, coa profesora Mª Dolores Zaerá, membro do equipo de biblioteca.
Durante varios meses seleccionaron textos nas catro linguas do cole (galego, castelá, francés e inglés) así como cadros fermosísimos de diferentes autores, estilos e procedencias pero cun eixe común: captados nese momento de estar gozando coa lectura. Non é casualidade, por certo, que casi todas as imaxes atopadas sexan de mulleres illadas no seu mundo e devorando as palabras!!
O libro, realizado cunha coidada maquetación e deseño, foi presentado e lido brevemente entre todos e agora queda exposto para seguir atopando textos e artistas que nos leven a querer coñecelos máis, a continuar lendo os seus libros , a buscar os seus cadros...en definitiva, a seguir gozando do pracer da arte e da lectura!!
Deixámosvos unha pequena selección e pronto subiremos a presentación completa.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)