Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares. Era costume no Ponte neste día a inauguración da biblioteca para o curso actual; este ano, como xa vos dixen, non poido ser así; pero festexámolo como mellor sabemos: lendo!!! Sacamos a biblio ao patio e...
24 outubro 2024
18 outubro 2024
MAGOSTO 2024
Que ben o pasamos hoxe festexando o Magosto.
Queres ver que xogos propararon o noso alumando, preme na imaxe e verás
15 outubro 2024
Concurso de Mostros
O Equipo da Biblioteca, en colaboración do EDLG, convoca un concurso de MOSTROS para o alumnado de ESO
14 outubro 2024
Día das escritoras
27 setembro 2024
Boas novas!!!
A noticia non tan boa é que as obras comezarán a finais de outubro. Hai que tirar un tabique, pintar,... polo que é, máis que probable, que a biblioteca física non poida abrir neste primeiro trimestre.
Pero como sempre vos digo, calquera sitio é bo para convertelo por uns intres nunha biblioteca improvisada e iso será o que faremos ata que rematen as obras.
Ai.... canto traballiño nos que da por diante!!! Menos mal que conto coa superaxuda dos mestres, que, ben é certo, tamén estaban agardando por esta noticia.
O dito, estade atentos que as actividades seguen!!! Vémonos no patio, nos corredores, nas aulas,...; xa sabedes que eu ando por calquera sitio.
12 setembro 2024
50 ANOS DO CPI PONTE CARREIRA
Onte arrincou un curso moi especial; estamos de aniversario. O cole cumpre 50 anos de historia,e onte arrincamos coma ses estivesemos no ano 1974: vestidos da época e con xogos deses tempos.











