O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. No Ponte o venres 21 e o luns 24 fixemos moitas actividades en torno á autora.
Lecturas, murais e programa de radio. E, como non, non faltou o CALDO DE GRORIA.
O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. No Ponte o venres 21 e o luns 24 fixemos moitas actividades en torno á autora.
Lecturas, murais e programa de radio. E, como non, non faltou o CALDO DE GRORIA.
Hoxe visitounos, unha vez máis, o gran PACO NOGUEIRAS. Novamente, un placer a túa sesión de contos e música!!! E moitas grazas por pasarte un anaquiño pola nosa Radio
No Día Da Radio,13 de febreiro, iniciamos unha andaina de entrevistas con persoas importantes, destacadas,... ao longo destes 50 anos do colexio. Comezamos cun mestre que adicou case toda a súa traxectoria laboral ao Ponte, Antonio Espiñeira -Toñito-. Nada máis e nada menos que 38 anos no noso colexio, dan para moito!!! Gran mestre, gran compañeiro, pero sobre todo, gran persoa. Grazas infinitas por compartir connosco un anaquiño do teu tempo e da túa vida.
O alumnado de 5º e 6º de primaria xa ten listo o progama de entroido 2025. Tomade nota que nos agarda un mes cheo de actividades!!!
Achégase o día do amor, día da amizade,... e dende a bibio e o equipo de dinamización da lingua galega convocamos varios concursos. Un de debuxos (infantil e 1º ciclo), un de piropos (2º e 3º ciclo) e outro de mensaxes ocultas de amor (eso)