Sabemos que a única maneira de acabar con esta lacra é sendo conscientes das nosas capacidades, actitudes, sentimentos, apoio e denuncia ante estes feitos. Porque todas e todos xuntos creamos o mundo, en igualdade de condicións.
14 febreiro 2014
Lembrando o traballo contra a violencia de xénero
Deixámosvos o video onde lembramos parte do traballado realizado no Obradoiro contra a violencia de xénero que fixeramos a partir da exposición das ilustracións tan marabillosas que disfrutamos uns días, así como as distintas actividades realizadas en titorías e clases de plástica.
Sabemos que a única maneira de acabar con esta lacra é sendo conscientes das nosas capacidades, actitudes, sentimentos, apoio e denuncia ante estes feitos. Porque todas e todos xuntos creamos o mundo, en igualdade de condicións.
Sabemos que a única maneira de acabar con esta lacra é sendo conscientes das nosas capacidades, actitudes, sentimentos, apoio e denuncia ante estes feitos. Porque todas e todos xuntos creamos o mundo, en igualdade de condicións.
30 xaneiro 2014
LECTURAS POLA PAZ
O alumnado do 3º ciclo de Primaria neste Día da Paz preparánnos un conto... PARA MORRER DE RISA.
E despois todos xuntos pasamos un anaco debuxando estas divertidas "armas".
"O mundo anda un pouco patas arriba. A terra adoece, con tanta trompada, tanta guerra, tanta liorta,...
E despois todos xuntos pasamos un anaco debuxando estas divertidas "armas".
28 xaneiro 2014
30 de XANEIRO, Día da ILUSTRACIÓN
Este ano por primeira vez a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a celebración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao.
Pero que é realmente un ilustrador?
Poderíamos definilo como un artista gráfico que complementa a comunicación escrita mediante representacións visuais. Pode traballar en prensa, cómics, carteis ou de xeito máis creativo e personal en álbums ilustrados (o que antes chamabamos "contos"). Un álbum ilustrado é un libro onde palabras e imaxes xogan e buscan implementar contidos e linguaxes. Temos moitos exemplos na biblioteca (sobre todo na de Primaria), aínda que tamén os vemos na de Secundaria e analizamos as súas imaxes en Plástica, non si?
En Galicia temos unha gran cantidad de ilustradores importantes, moitos dos cales pertencen a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), así que...a que esperas para botar unha ollada á páxina...Alí poderás atopar aos artistas que realizaron os carteis que ves pola biblioteca para conmemorar o Día das Bibliotecas escolares como: Miguel Anxo Prado (fixeramos unha entrada coa súa obra "Ardalén"), Oscar Villán, Almudena Aparicio,Marina Seoane, Enma Ríos, Patricia Castelao...e un montón máis que disfrutarás cando os coñezas.
| Almudena Aparicio |
| David Pintor |
E por último bota un ratiño mirando o blog de Marián Lario onde, en cada entrada, disfrutarás dunhas fermosísimas imaxes seleccionadas para acompañar a un texto moi completo onde esta ilustradora e profesora explica diferentes aspectos da ilustración: como xurden as ideas, materiais e técnicas, como facer un storyboard, como pintar a escuridade...suxerente verdad...pois adícalle un tempiño a desfrutar da maxia dos álbums da man dos ilustradores!!!
23 xaneiro 2014
2014!!! E Chegaron Os Reis a Pontecarreira!
Xa rematamos o primeiro mes deste novo ano e cos agasallos de Reis aínda sen entregar!!!
Ben, como a volta das vacacións sempre son..."duras"...decidimos deixar uns días máis para que puideses entregar as vosas "Cartas de Reis" para o concurso da biblioteca. Xa sabedes que tíñades que pedir "algo" que desde a nosa humilde posibilidade...
E cumpliuse!!! Por fin esta mañana descubrimos que a gañadora deste ano é Anxela Torres Lemos, de 1º de ESO! Parabéns!!! Unha boa presentación e un sinxelo desexo. Esperamos que o bolígrafo que le trouxeron lle guste e sobre todo que con el escriba todas esas boas historias que seguro ten na súa cabeza e que estamos desexando compartir...,)))
Aínda que non houbo moita participación esta vez, os que escribiron as súas cartas levaron tamén un pequeno agasallo, unha das libretas da biblioteca escolar, adicada este ano á ciencia, onde quizáis poidan ir escribindo xa novos proxectos, ideas, debuxos, fórmulas...para novos concursos. Estade atentos!
22 xaneiro 2014
ENFERMERÍA DE LIBROS
Compañeiros lectores que pasades os vosos tempos de "lecer" disfrutanto do maravilloso mundo dos libros:
09 xaneiro 2014
LECTURAS POLO NADAL
No mes de decembro demos lectura de varios contos, historias,... de nadal.
Se queres ver as fotos non tes máis que clikar na imaxe.
Se queres ver as fotos non tes máis que clikar na imaxe.
![]() |
| UN NADAL CHEO DE CONTOS |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



