28 setembro 2015
CieNcIA DiVeRTiDa !!!
Queredes saber máis sobre ciencia...e sobre todo dun xeito máis divertido? Pois non deixedes de ver estas charlas de NAUKAS KIDS 2015 que tiveron lugar en Bilbao e que podemos disftutar grazas á televisión pública vasca, no seguinte enlace:
18 setembro 2015
Curta de animación "Un pez cun sorriso"
Queres gozar dunha fermosa curta de animación?
Esta feita a partir do album ilustrado do taiwanes Jimmy Liao.
Gañou o premio especial no Festival de Berlín de 2006 e é un fermoso canto á liberdade e a amizade.
10 setembro 2015
29 maio 2015
Érguete e baila!
Porque traballar tamén son sorrisos.
Porque aprender tamén é gozar.
Porque bailar tamén é formarse.
Porque aprender tamén é gozar.
Porque bailar tamén é formarse.
Lembrando os días de Lugo en marzo compartindo, vivindo cos amigos de A Estrada.
27 maio 2015
ILUSIONES ÓPTICAS
Se non o vexo...non o creo. E, as veces, aínda que o vexamos directamente parécenos mentira.
Se queres saber de que falamos, pincha no seguinte video:
NON PODERÁS VELO UNHA SOA VEZ!!
Se queres saber de que falamos, pincha no seguinte video:
NON PODERÁS VELO UNHA SOA VEZ!!
20 maio 2015
FRAN BUENO visita Pontecarreira
O pasado venres, e antes de celebrar a VII Romería Galega co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos no cole ao ilustrador Fran Bueno.
Autor galego de cómic, de fama e prestixio nacional (gañador entre outros do Premio Castelao de cómic 20113) e internacional (foi o primer galego con produción periódica no mundo do cómic americano).
Como gran profesional, amosounos as diferentes partes implicadas na creación dun cómic (desde a idea, o guión, o debuxo a lápiz, o entintado, a cor...). Un mundo complexo que descoñecíamos e que hai detrás dos grandes cómics para conseguir un bo resultado. Ese que agora comprendemos, apreciamos e valoramos mellor.
E, sobre todo, compartimos a súa xenerosidade ao valorar e recoñecer a todos os profesionais que participan nesta creación plástica. Fran foi quen de estimular aos rapaces da importancia do traballo en equipo, da suma das diferentes aptitudes e capacidades de cada un, da importancia da palabra e da imaxe, da importancia en suma da formación-información que cada un vai recopilando na súa vida e que logo expresa como mellor sabe. E él ben que o sabe facer!!!
Deixámosvos un pequeno video da súa visita na biblioteca, e, sobre todo, a invitación a que disfrutedes tamén de todos os bos cómics que temos nela . Como sempre, a clave é...DISFRUTA A LECTURA!!
Nos seguintes enlaces podedes atopar información máis completa sobre o cómic en Galicia, en España...e no mundo mundial!!!
E para comezar a debuxar e divertirse dunha manera sinxela aquí tedes unha serie de páxinas para crear cómics online ( a maioría non precisa inscribirse). pero lembra que ti eres quen de crear o teu propio cómic con tan só un lápiz, papel e o mellor de todo...a túa imaxinación!:
13 maio 2015
Movede os pés..e a lingua!!!
Preparados, listos...xa! En canto premades ao "PLAY" do seguinte enlace, todos a bailar e cantar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


