Estas foron as dúas preguntas que nos fixeran antes de comezar coa actividade. O aroma, segundo a Real Academia Galega é " cheiro agradable de certas substancias". E o cheiro é a emanación de moléculas de substancias de certos corpos, que produce unha determinada sensación no olfacto".
Con estas dúas premisas e uns botes con mostras de diferentes aromas fixeramos un divertido xogo, proposto polo departamento de Física e Química, para intentar distinguir e localizar 14 aromas diferentes. Todo o alumnado e o profesorado estivo moi interesado, concentrado e con gañas de aprender!
E finalmente, as nosas gañadores foron---María e mais Lorena de 1º ESO. Parabéns rapazas!!!
No sabemos bien qué pasa cada año, cuando en 1º ESO "alguien descubre" (de forma casual o porque "toca" leerlo en clase de castellano..,;)) que...LAURA GALLEGO existe!!
Suele ser "Crónicas de la Torre" y su primer libro "El valle de los lobos" el que despierta la curiosidad de ese grupo de nuevos lectores de fantasía que a partir de ahora devorarán cuanto libro de la joven autora caiga en sus manos.
No podía ser menos este 2015-16...La búsqueda de la saga de "Crónicas..." ha comenzado...Ya tenemos alguna voraz lectora que ha leído el segundo, el tercer tomo y va por el cuarto en un mes! Luego vendrán "Memorias de Idhún", "Finis Mundi", "La emperatriz de los etéreos".... Os iremos contando.
Cualquier información sobre la autora, sus libros, foros y próximos eventos o proyectos podréis encontrarlos en su página web:
O pasado venres, último día de clase, disfrutamos finalmente coa charla-espectáculo (que se resistiu no seu momento) sobre ciencia, dentro de Galiciencia. Pero agora tedes aquí o enlace á conferencia para disfrutala outra vez.
O alumnado de 1º de ESO instalaron na porta da Biblioteca un mural cos traballos de plástica de 1º e 3º deste trimestre. Poñen ao voso alcance un espazo donde "Pedir os vosos desexos"para o ano que está a punto de chegar.
Primeiro disfrutade co video dos alumnos facendo a montaxe da expo...e logo... a imaxinar e pedir o que queredes...(e por favor, se podes, comparte o teu comentario debaixo desta entrada. Grazas!)
Desde o equipo de biblioteca, e xunto ao resto de profesorado do centro, aproveitamos para felicitarvos a Navidad e desexarvos un Feliz 2016! Nós temos "pequenos pero grandes" agasallos para todos vós...e un desexo: que sigades gozando do pracer da lectura!!
Este video está especialmente adicado ao alumnado de 1º de ESO que están estudando a atmosfera e os climas. Pero seguro que todos imos disfrutar das increíbles vistas da Terra desde a Estación Espacial Internacional.
O video é unha interpretación do astronauta canadiense Chris Hadfield da famosa canción de David Bowie "Space Odity". Paga a pena a canción e as vistas:
E como seguro que ao velo quedaredes con ganas de saber máis da estación...deixámosvos o enlace ao interesante video de National Geographic donde varios astronautas nos mostran e explican como son os seus días "alá arriba". Sí...eu tamén quero ir!!...,)))
Con esta foto lembramos o paso de Xosé Neira Vilas por Pontecarreira, alá polo 2011.
Aquí vos deixamos tamén información sobre a súa biografía recollida nunha entrevista da revista Sermos e máis algúns videos e entrevistas para poder escoitalo.
E o mellor de todo, temos a súa obra, o seus libros para ler e reler...e gozar...e aprender...e vivir!!
Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu esta mañá na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos.
Nunha entrevista publicada por Sermos Galiza no número 166 do semanario en papel aseguraba ter sido "un activista da cultura galega até hoxe". Nesa conversa, que reproduciremos íntegra esta tarde no diario dixital, Neira Vilas afirmou que a súa obra por excelencia, Memorias dun neno labrego "vai máis alá de min. Como di Freixanes: 'Balbino desbórdate', non precisa de min".
Autor do maior best-seller das letras galegas, ‘Memorias dun neno labrego’, Neira foi un prolífico escritor que publicou máis de 70 libros para adultos, para nenos, ensaio, novela...
Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi un traballador incansable a prol da cultura e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está escrita a historia de Galiza nos últimos 75 anos. Con 20 emigrou a Arxentina, onde abrazou a causa do nacionalismo e onde creou as Mocedades Galeguistas, das que foi secretario xeral, e fundou a editorial Follas Novas. Alí convertiuse “nun activista da cultura galega e da dignidade de Galiza digamos até hoxe. De por vida”, declarou a Sermos nunha entrevista hai poucas semanas.
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos
Logo de casar con Anisia Miranda, unha moza cubana de ascendencia galega, trasládase a Cuba, onde creou o maior centro bibliográfico sobre a emigración galega en América, ademais de organizar eventos e conferencias relacionadas coa cultura galega.
A parella regresou a Galiza definitivamente en 1992, cando a Xunta arranxa a súa casa natal e a convirte en Fundación Neira Vilas, cunha biblioteca, un pequeno museo etnográfico e unha sala de exposicións e concertos, que pronto se converte no centro cultural da comarca.
Non deixou de escribir, dar conferencias e atender a todo o mundo que o precisaba até os últimos días da súa vida. Este mesmo ano publicou en Galaxia ‘Romaría de historias’.
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos. Saberemos del, da súa produción que seguirá o seu camiño, nos vindeiros meses.
No seguinte video podedes ver as imaxes de Xaquín Marín na fermosa edición das "Memorias dun neno labrego" da Editorial Galaxia e a música de A Quenlla (inconfundible voz de Mini)