25 febreiro 2016

Día de Rosalía de Castro

O día 24 de Febreiro vimos celebrando desde hai anos o Día de Rosalía de Castro, lembrando o aniversario do nacemento da nosa escritora máis recoñecida. 

Cada ano a AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega) propón unhas actividades conxuntas aos centros de ensino para conmemorar e visibilizar a obra de Rosalía. Este ano a proposta era encher as redes cun dos versos de Cantares Galegos: "Trocando en sonrisas, queixiñas e choros". E por iso sacamos os versos a percorrer as diferentes estancias do cole: a biblioteca, o corredor, as aulas...E logo cada un de nós enviabaas fora dos nosos muros, a través das redes sociais. 


A nosa aportación é neste blog, o noso blog da biblioteca de Pontecarreira!




En Infantil e Primaria disfrutamos da lectura de varios textos da autora por parte dos alumnos de primaria:



Deixámosvos aquí tamén un pequeno agasallo. Outro poema de Cantares e unha ilustración de Aldara Prado, que, grazas a Deputación de A Coruña, se difunde a través da Rede.




Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos 

21 febreiro 2016

Axencia de información sobre ciencia, tecnoloxía e información

Queres ter información sobre estas fotografías? Que representan? De que trata a noticia á que acompañan???

           


        

Pinchando neste enlace podedes acceder ao Facebook de SINC, a primeira axencia pública estatal especializada en información sobre ciencia, tecnoloxía e innovación en español. Tódolos contidos producidos por SINC teñen unha licencia Creative Commons 3.0, o que quere decir que pódense copiar, distribuir, comunicar públicamente e transformar, sempre e cando se cite a SINC como fuente.

E desde aquí o podedes acceder á páxina principal da mesma axencia, donde ademais atoparedes información sobre outros temas (Humanidades, Ciencias Sociais...)

29 xaneiro 2016

ULINDO !!!

Que é o aroma? E o cheiro???

Estas foron as dúas preguntas que nos fixeran antes de comezar coa actividade. O aroma, segundo a Real Academia Galega é " cheiro agradable de certas substancias". E o cheiro é a emanación de moléculas de substancias de certos corpos, que produce unha determinada sensación no olfacto".




Con estas dúas premisas e uns botes con mostras de diferentes aromas fixeramos un divertido xogo, proposto polo departamento de Física e Química, para intentar distinguir e localizar 14 aromas diferentes. Todo o alumnado e o profesorado estivo moi interesado, concentrado e con gañas de aprender! 

E finalmente, as nosas gañadores foron---María e mais Lorena de 1º ESO. Parabéns rapazas!!!





23 xaneiro 2016

Laura Gallego

No sabemos bien qué pasa cada año, cuando en 1º ESO "alguien descubre" (de forma casual o porque "toca" leerlo en clase de castellano..,;)) que...LAURA GALLEGO existe!! 

Suele ser "Crónicas de la Torre" y su primer libro "El valle de los lobos" el que despierta la curiosidad de ese grupo de nuevos lectores de fantasía que a partir de ahora devorarán cuanto libro de la joven autora caiga en sus manos. 

No podía ser menos este 2015-16...La búsqueda de la saga de "Crónicas..." ha comenzado...Ya tenemos alguna voraz lectora que ha leído el segundo, el tercer tomo y va por el cuarto en un mes! Luego vendrán "Memorias de Idhún",  "Finis Mundi", "La emperatriz de los etéreos".... Os iremos contando.

Cualquier información sobre la autora, sus libros, foros y próximos eventos o proyectos podréis encontrarlos en su página web:



20 decembro 2015

DOS ÁTOMOS Á LUZ



O pasado venres, último día de clase, disfrutamos finalmente coa charla-espectáculo (que se resistiu no seu momento) sobre ciencia, dentro de Galiciencia. Pero agora tedes aquí o enlace á conferencia para disfrutala outra vez. 

Canto aprendimos e canto nos divertimos!!




Os mellores DESEXOS para o 2016!

O alumnado de 1º de ESO instalaron na porta da Biblioteca un mural cos traballos de plástica de 1º e 3º deste trimestre. Poñen ao voso alcance un espazo donde "Pedir os vosos desexos"para o ano que está a punto de chegar.


                               



Primeiro disfrutade co video dos alumnos facendo a montaxe da expo...e logo... a imaxinar e pedir o que queredes...(e por favor, se podes, comparte o teu comentario debaixo desta entrada. Grazas!)

PIDE O TEU DESEXO


Desde o equipo de biblioteca, e xunto ao resto de profesorado do centro, aproveitamos para felicitarvos a Navidad e desexarvos un Feliz 2016! Nós temos "pequenos pero grandes" agasallos para todos vós...e un desexo: que sigades gozando do pracer da lectura!!