29 abril 2016

Día do Libro

Un ano máis festexamos o DÍA DO LIBRO por todo o alto.
Conmemoramos o IV Centario na morte de Cervantes con esta pequena exposición e lecturas dalgunhas aventuras de "Don Quijote": 



E un ano máis realizamos lecturas no patio e apadriñamentos lectores; canto nos gusta esta actividade e que ben o pasamos....

28 abril 2016

"Temos un segredo..."


Para celebrar este ano o "Día do Libro" decidimos poñernos a traballar "desde o outro lado", desde o punto de vista do escritor, como autores do noso relato. 

Repartímonos en grupos de 3 ou 4 persoas, de diferentes cursos, idades e sexos para facer grupos heteroxéneos e así ter diferentes visións e aportar a vosa creatividade desde diferentes puntos de vista. 

Buscamos primero uns puntos en común de donde partir todos: dous personaxes (teríades que elexir o seu nome, sexo, idade e circunstancias persoais. Eso sí, para presentarlles fixeramos un breve monólogo de cada un deles, e vimos así que un tería que ser máis realista e outro máis idealista). Ambos atoparanse nas redes sociais e terán que compartir un segredo... E a partir de aquí comezamos a aventura... 

Reunirémonos os luns, martes e venres, na hora de proxecto lector!

Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días...iremos vendo ata donde chegamos!!!













Repartímonos para traballar e poder concentrarnos ben: en recunchos da biblioteca...






Ou nas aulas de 1º ESO e a de Plástica...

16 abril 2016

A Librería AENEA visita a biblio

A todos encántanos ver libros novos, as portadas cheas de cor, os títulos suxerentes de autores coñecidos e descoñecidos, os exemplares do último libro da miña autora favorita... As veces non é sinxelo achegarnos a unha librería preto de nós, así que: "....se Mahoma non vai á montaña...."

O venres 15 de abril "a montaña" veu á biblioteca de secundaria, en forma de "librería andante", con Lola,  da Librería AENEA de Santiago. 


Foi un verdadero pracer ver cómo saían desas maletas viaxeiras os exemplares seleccionados con mimo por esta librera, enamorada do seu traballo e dos libros. 





Pronto chegaron os alumnos e alumnas, achegándose tímidamente a observar a esos "intrusos" na biblio, atraídos polas portadas e a voz cálida de Lola.



E despois todos xuntos, mirando e elixindo un daqueles exemplares que vos chamaran a atención, polo motivo que fose: o tema, o título, o formato, o xénero...

Sentámonos a compartir un bo rato  de suxerencias, agarimo polas historias, polos autores, pola selección e importancia das editoriais ... 


Coñecimos a historia de Shackelton, a importancia de recoñecer certas emocións, a nena que escribiu unha carta a raíña porque o seu irmán tiña cancro, a diferencia entre o cómic e a novela gráfica, as reseñas...



E finalmente lanzámonos en busca de aqueles exemplares que non queriamos deixar escapar xa da biblioteca, que queremos descubrir, ler, reler, observar e descubrir nestes días. A por eles!!!

















03 abril 2016

Semana do teatro

O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Novamente coincidiu estando de vacacións e, novamente non quixemos pasar por alto a súa celebración. Durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril organizamos varias lecturas dramatizadas de obras teatrais dos nosos autores; algúns dos particpantes caracterizáronse para a ocasión, pero démonos conta de que só coa modulación e entoación axeitada da nosa voz é sufiente para difrutar do teatro. Aquí unha pequena mostr:

21 marzo 2016

Semana da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, é o DÍA DA POESÍA. Para festexalo no colexio, antes das merecidas vacacións, organizamos a II Semana da Poesía. Na semana do 14-18 de marzo disfrutamos de varias sesións de lecturas poéticas no patio; autores da talla de Manuel María (Letras Galegas 2016) ou Neira Vilas estiveron entre os nosos escollidos. Tamén organizamos o II Concurso de Poesía "TROITAS EN VERSO", do que nos vindeiros días vos amosaremos as producións do noso alumnado. De momento, unhas fotiños das nosas xornadas poéticas.


25 febreiro 2016

Día de Rosalía de Castro

O día 24 de Febreiro vimos celebrando desde hai anos o Día de Rosalía de Castro, lembrando o aniversario do nacemento da nosa escritora máis recoñecida. 

Cada ano a AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega) propón unhas actividades conxuntas aos centros de ensino para conmemorar e visibilizar a obra de Rosalía. Este ano a proposta era encher as redes cun dos versos de Cantares Galegos: "Trocando en sonrisas, queixiñas e choros". E por iso sacamos os versos a percorrer as diferentes estancias do cole: a biblioteca, o corredor, as aulas...E logo cada un de nós enviabaas fora dos nosos muros, a través das redes sociais. 


A nosa aportación é neste blog, o noso blog da biblioteca de Pontecarreira!




En Infantil e Primaria disfrutamos da lectura de varios textos da autora por parte dos alumnos de primaria:



Deixámosvos aquí tamén un pequeno agasallo. Outro poema de Cantares e unha ilustración de Aldara Prado, que, grazas a Deputación de A Coruña, se difunde a través da Rede.




Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos