20 maio 2016
29 abril 2016
Día do Libro
Un ano máis festexamos o DÍA DO LIBRO por todo o alto.
Conmemoramos o IV Centario na morte de Cervantes con esta pequena exposición e lecturas dalgunhas aventuras de "Don Quijote":
E un ano máis realizamos lecturas no patio e apadriñamentos lectores; canto nos gusta esta actividade e que ben o pasamos....
28 abril 2016
"Temos un segredo..."
Para celebrar este ano o "Día do Libro" decidimos poñernos a traballar "desde o outro lado", desde o punto de vista do escritor, como autores do noso relato.
Repartímonos en grupos de 3 ou 4 persoas, de diferentes cursos, idades e sexos para facer grupos heteroxéneos e así ter diferentes visións e aportar a vosa creatividade desde diferentes puntos de vista.
Buscamos primero uns puntos en común de donde partir todos: dous personaxes (teríades que elexir o seu nome, sexo, idade e circunstancias persoais. Eso sí, para presentarlles fixeramos un breve monólogo de cada un deles, e vimos así que un tería que ser máis realista e outro máis idealista). Ambos atoparanse nas redes sociais e terán que compartir un segredo... E a partir de aquí comezamos a aventura...
Reunirémonos os luns, martes e venres, na hora de proxecto lector!
Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días...iremos vendo ata donde chegamos!!!
Repartímonos para traballar e poder concentrarnos ben: en recunchos da biblioteca...
Ou nas aulas de 1º ESO e a de Plástica...
23 abril 2016
16 abril 2016
A Librería AENEA visita a biblio
A todos encántanos ver libros novos, as portadas cheas de cor, os títulos suxerentes de autores coñecidos e descoñecidos, os exemplares do último libro da miña autora favorita...
As veces non é sinxelo achegarnos a unha librería preto de nós, así que: "....se Mahoma non vai á montaña...."
Foi un verdadero pracer ver cómo saían desas maletas viaxeiras os exemplares seleccionados con mimo por esta librera, enamorada do seu traballo e dos libros.
Pronto chegaron os alumnos e alumnas, achegándose tímidamente a observar a esos "intrusos" na biblio, atraídos polas portadas e a voz cálida de Lola.
E despois todos xuntos, mirando e elixindo un daqueles exemplares que vos chamaran a atención, polo motivo que fose: o tema, o título, o formato, o xénero...
Sentámonos a compartir un bo rato de suxerencias, agarimo polas historias, polos autores, pola selección e importancia das editoriais ...
Coñecimos a historia de Shackelton, a importancia de recoñecer certas emocións, a nena que escribiu unha carta a raíña porque o seu irmán tiña cancro, a diferencia entre o cómic e a novela gráfica, as reseñas...
E finalmente lanzámonos en busca de aqueles exemplares que non queriamos deixar escapar xa da biblioteca, que queremos descubrir, ler, reler, observar e descubrir nestes días. A por eles!!!
03 abril 2016
Semana do teatro
O pasado 27 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Novamente coincidiu estando de vacacións e, novamente non quixemos pasar por alto a súa celebración. Durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril organizamos varias lecturas dramatizadas de obras teatrais dos nosos autores; algúns dos particpantes caracterizáronse para a ocasión, pero démonos conta de que só coa modulación e entoación axeitada da nosa voz é sufiente para difrutar do teatro. Aquí unha pequena mostr:
21 marzo 2016
Semana da Poesía
Hoxe, 21 de marzo, é o DÍA DA POESÍA. Para festexalo no colexio, antes das merecidas vacacións, organizamos a II Semana da Poesía. Na semana do 14-18 de marzo disfrutamos de varias sesións de lecturas poéticas no patio; autores da talla de Manuel María (Letras Galegas 2016) ou Neira Vilas estiveron entre os nosos escollidos. Tamén organizamos o II Concurso de Poesía "TROITAS EN VERSO", do que nos vindeiros días vos amosaremos as producións do noso alumnado. De momento, unhas fotiños das nosas xornadas poéticas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


