28 outubro 2016
Lecturas de medo na biblio
Que ben o pasamos esta semana na hora de ler... Na biblioteca poidemos disfrutar de varias historias de medo...
25 outubro 2016
O samaín chega a biblioteca
Deste xeito chega o Samaín á nosa biblioteca para que disfrutes das lecturas terroríficas que che recomendamos...
24 outubro 2016
22 outubro 2016
05 outubro 2016
Librato bótanos de menos...
Despois dusn meses de descanso, Librato xa hai uns días que anda argallando na biblio de infantil e primaria e este pasado luns todo estaba listo para a inaguración do curso 16-17. Estaba desexando vernos e mesmo nos trouxo un agasallo.
Aquí vos deixamos unhas fotiños deste primeiro día do curso 16-17 na nosa biblio.
Aquí vos deixamos unhas fotiños deste primeiro día do curso 16-17 na nosa biblio.
04 outubro 2016
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes"
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido
para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás
bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
A imaxe do cartel este ano foi creada por MINIA REGOS. Garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo
de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante
que é toda biblioteca escolar.
Convidámosvos pois a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos...)

E para comezar cunhas impresionantes imaxes ao carón de nós, en Ordes, deixámosvos este video donde nos presentan algúns dos murais que, nestes días, realizaran na vila. Pero é tan só un adelanto, ide a disfrutalos en vivo e en directo...e contádenolo!!
DES-ORDES
19 setembro 2016
BENVIDA ao curso 2016-17
Ano tras ano, despois de agosto...chega setembro...;)))
Comezamos o cole, clase nova, reencontro de amigas e amigos, case todos coñecidos...ou non.
E de novo, despois dos recreos, imos á biblioteca para o Proxecto Lector. Estes primeiros días lemos as revistas, os xornais, os libros de animais, novelas gráficas e demáis que están polas mesas. Algún de vós estades xa moi concentrados mesmo en rematar os libros de verán ou algún novo.
Son días de organización, de reencontro cos textos e as imaxes, de elección de pertenza ao Club de lectura...
Lembrade que podedes ir facendo as vosas peticións para mercar eses libros que este ano queredes que estean na nosa biblioteca.
Disfrutádeos e gozade da lectura en calquera das súas variantes!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)