Xa pouco queda para festexar o Día do Amor, da Amizade, San Valentín,...; dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñémosvos un ano máis o concurso "NAMORÉMONOS". Aquí vos deixamos as bases e... anímate a participar.
27 xaneiro 2018
15 xaneiro 2018
Dende Kalandraka virán Álex e Sara
VISITA dos MEIJIDE-MEIXIDE
Chegaron por fin "Os Meix (j)ides" a Pontecarreira e foi todo un éxito!!




Agasallárannos cos mellores dos seus sorrisos e con dous exemplares do novo libro, "Guitiriz" que sen dúbida leremos con moito interés. Grazas!
Unha breve introducción do que falamos e traballamos aquel 18 de decembro pola tarde e logo as fotos que falan por si soas:
1.- Introducción do autor dos libros, Carlos Meixide, sobre as obras e a súa idea de ir escribindo historias que lles suceden aos catro amigos (e máis á Rula) por toooooodos os concellos de Galicia.
2.- Presentación de María Meijide sobre os cadernos de viaxe e a percepción da realidade (ilusións
ópticas, exemplos de outros autores e propios...) e logo...
3.- A debuxar!! Puxéronse mans á obra e realizaron un par de retratos, con e sen instruccións...e vaia diferencia! Aprendemos a facer retratos con volume a partir de "simples" manchas.




Agasallárannos cos mellores dos seus sorrisos e con dous exemplares do novo libro, "Guitiriz" que sen dúbida leremos con moito interés. Grazas!
21 decembro 2017
15 decembro 2017
13 decembro 2017
PREPARANDO A VISITA DE CARLOS MEIXIDE E MARÍA MEIJIDE
Este ano, no Club de Lectura liron os libros "Cans" e "Ons"de Carlos Meixide, ilustrados pola artista María Meijide.
Temos a sorte de poder contar con eles o próximo día 18 de decembro nun obradoiro conxunto. Xa localizamos moitas preguntas e dúbidas sobre o libro, sobre o proceso de creación (de texto e ilustración ), sobre a autoedición...
De momento estamos a preparar ben a entrada a biblio con información deles e mais de elementos das dúas obras. Deixámosvos unhas fotos do proceso e xa poñeremos as do obradoiro!
04 decembro 2017
Xa é Nadal na biblio
Que ben o pasaron hoxe os nosos colaboradores ambientando a biblioteca para o Nadal. A que quedou fermosa?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















