29 outubro 2018

Cineforum na biblio

Esta semana, en titoría, vimos todos xuntos na biblioteca "CAMPEONES", de Javier Fesser:





Película imprescindible para traballar nos centros, donde se tratan con sentido do humor e moita sensibilidade o tema da discapacidade e da valía de todos nós como persoas, como cidadáns, respetando as nosas diferenzas e valorando as nosas capacidades. Os comentarios e reflexións ao acabar foron moi enriquecedores.

                                                 Crítica en "FOTOGRAMAS" da película






17 outubro 2018

CLUB DE LECTURA




Un ano máis ábrese en secundaria " A cova das palabras", o noso club de lectura, para acoller a un marabilloso grupo de lectoras e lectores con ganas de compartir lecturas, momentos, experiencias, de sentir, de dicir, de crear, de imaxinar, de rir...Como vedes "con moita vida por vivir xuntos!!"

Temos a sorte de contar con participantes "consagradas e experimentadas" como Luisa,Carla e Nuria, outros  xa bastante "adaptados" como Sonia, Cristina, Xoel, Olalla e Paula e "as novas adquisicións": Jeni, Claudia, Enma, Ana e Gema con moitas ganas de adentrarnos nesta cova e disfrutar. Xa vos iremos informando da nosa andaina. De momento comezamos con buen pé: compartindo uns petiscos, tímidamente ao principio mais...







16 outubro 2018

Achégase o Samaín...

Xa está ás portas o Samaín e temos lista a nosa biblio de infantil e primaria para festexalo. Mirade que ben nos quedou....
















07 outubro 2018

Chega Librato...

Que sorpresa nos levamos hoxe ao entrar do patio.... Na entrada estaba LIBRATO, a mascota da biblio cunha carta para cada aula. Que nos contará?
Pois que a apertura da biblio está próxima, pero vén cunhas cuantas novidades que tamos que saber. 
QUE GANAS TIÑAMOS DE VERTE LIBRATO!!!!


28 setembro 2018

EL PRINCIPITO

Este ano 2018 é o 75 aniversario dunha obra clave para a literatura universal, estamos a falar de EL PRINCIPITO de Saint-Exupéry. Pois ben, neste primeiro trimestre de curso queremos facer a nosa pequena homenaxe a esta gran obra e recomendámosche que, se aínda non a liches, non deixes de facelo. Hai adaptacións para tódalas idades.
Lerémola, analizarémola, faremos traballos variados e contaremos cun espectáculo de títeres sobre dita obra. 


27 setembro 2018

Benvida a un novo curso escolar!!

Un ano máis, un curso novo aínda por explorar, experimentar, descubrir, buscar e atopar. E aquí estamos desde a biblioteca escolar para facilitar o espazo, o tempo e os obxectos que permitan que este curso...sexa ESPECIAL !!

Con moitas ganas de descubrir o agochado entre os nosos libros, os rincóns de xogos, películas, revistas e periódicos...dámosvos unha Benvida moi agarimosa e convidámosvos a gozar todos xuntos.

De momento, botade un vistazo a este pequeno vídeo titulado "Me gusta leer"