
27 maio 2019
75 aniversario de El Principito
Ano 2018. Ano do 75 aniversario de EL PRINCIPITO. O alumnado de infantil e primaria traballou moito con e sobre esta grande obra. Aquí unha mostra dos seus traballos.




26 maio 2019
Contacontos Kalandraka
Que ben o pasamos o 14 de febreiro coas historias que nos trouxeron Sara e Álex dende Kalandraka. Un anos máis pasamos unha mañá divertidísima. Se queres velo xa sabes... a premer na imaxe.
Dende ESO para EI
O pasado 4 de decembro certo alumnado de ESO preparou uns contos para organizar unha sesión de contacontos para os seus compis máis pequenos, o alumnado de Educación Infantil. O resultado foi fantástico, queres velo? preme na imaxe.
25 maio 2019
Marabillosa visita de Lucía Aldao e María Lado..."Aldaolado"
En secundaria recitaron varios dos seus poemas acompañadas as veces pola guitarra de Lucía e despois, con versos libres repartidos entre o público crearon un poema que podedes disfrutar no enlace baixo as fotos.
Vídeo coa poesía creada polo alumnado e profesorado de secundaria
A última hora da mañana a biblioteca transformouse nun fermoso prado donde dúas ovelliñas, Engracia e Blanca fixeran as delicias de pequenos e grandes. Profes e alumnos estivemos moi atentos á historia e ás cancións destas dúas ovellas e a súa aventura coa loba, a serpe e demáis obstáculos que sortearon con éxito. Pasámolo moi ben!!
13 maio 2019
Torneo Xogos de inxenio
Xa estamos en pleno torneo de xogos de inxenio...moi emocionante! Luns e martes, durante o tempo de proxecto lector gozamos, pensamos, gañamos e aprendemos a perder. A finais de maio teremos equipo gañador.
23 abril 2019
04 abril 2019
XOGOS DE INXENIO
Este ano recibimos un presuposto específico da Consellería de Educación para mercar libros STEAM (de ciencias, tecnoloxía, matemáticas e arte).
O departamento de matemáticas empregou parte del en XOGOS DE INXENIO ( Othello, Torres de Hanoi, Mancala, solitarios...) que tiveron moi boa acollida. Fixeramos un par de días con grupos heteroxéneos para ler as instruccións e comezar a xogar e logo explicaron a outros compañeiros como facelo. Agora os xogos de inxenio quedan na biblioteca para collelos libremente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















