O proximo 5 de marzo recibiremos a Sara e Álex k veñen dende a editorial Kalandraka para facernos gozar dos contos e da música
25 febreiro 2020
17 outubro 2019
Abrimos...
No día de onte a biblioteca de Infantil e Primaria abriu as súas portas para o alumnado. Alí estaba librato agardándonos e cun agasallo para os visitantes da biblio no seu primeiro día. E non poido ter mellor apertura; premede na imaxe e veredes.
16 setembro 2019
27 maio 2019
75 aniversario de El Principito
26 maio 2019
Contacontos Kalandraka
Que ben o pasamos o 14 de febreiro coas historias que nos trouxeron Sara e Álex dende Kalandraka. Un anos máis pasamos unha mañá divertidísima. Se queres velo xa sabes... a premer na imaxe.
Dende ESO para EI
O pasado 4 de decembro certo alumnado de ESO preparou uns contos para organizar unha sesión de contacontos para os seus compis máis pequenos, o alumnado de Educación Infantil. O resultado foi fantástico, queres velo? preme na imaxe.
25 maio 2019
Marabillosa visita de Lucía Aldao e María Lado..."Aldaolado"
En secundaria recitaron varios dos seus poemas acompañadas as veces pola guitarra de Lucía e despois, con versos libres repartidos entre o público crearon un poema que podedes disfrutar no enlace baixo as fotos.
Vídeo coa poesía creada polo alumnado e profesorado de secundaria
A última hora da mañana a biblioteca transformouse nun fermoso prado donde dúas ovelliñas, Engracia e Blanca fixeran as delicias de pequenos e grandes. Profes e alumnos estivemos moi atentos á historia e ás cancións destas dúas ovellas e a súa aventura coa loba, a serpe e demáis obstáculos que sortearon con éxito. Pasámolo moi ben!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














