Hoxe poidemos disfrutar de dúas mamás e dous papás que viñeron á biblio a lernos contiños. Foi unha mañá xenial. Grazas Olivia, David, Juan e Nelly por acompañarnos. Un pracer!!!
28 marzo 2025
24 marzo 2025
Encontro interxeracional
Que gran xornada a de hoxe. Non se pode explicar con palabras o vivido esta mañá. Grazas, grazas e grazas por permitirnos este marabilloso encontro.
DO MAR E DA TERRA
Acollemos esta mostra itinerante "Do mar e da Terra", impulsada pola Deputación da Coruña para difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade, éxito e compromiso co rural e co mar que existen na provincia.
Está integrada por paneis expositivos e por material didáctico interactivo adicional coa que se busca informar á rapazada das oportunidades que lles brindan os sectores tradicionais como o agrogandeiro, o mariñeiro ou o marisqueiro.
21 marzo 2025
DÍA DA POESÍA
Neste día da poesía organizamos unha sesión de lecturas poéticas. Os libros foron elixidos polo alumnado colaborador da biblioteca e, como o tempo estaba chuvioso, non dubidaron un momento en propoñer ler VERSOS PARA LEER CON PARAGUAS entre os títulos elixidos. E así foi, e para elo fixérono como así o indicaba o título do libro: con paraugas
Día do Síndrome de Down
E hoxe é o propio día. Cos calcetíns desparellados viñemos ao cole e fixemos este fermoso mural para demostrar que nos somos #tancomati
20 marzo 2025
Día do Síndrome de Down
Mañá é o Día do Síndrome de Down e o alumnado de 4º EP pasou pola radio para falarnos un pouquiño deste Síndrome.
17 marzo 2025
Creando no Día da Banda Deseñada
Hoxe é o día do CÓMIC, da BANDA DESEÑADA e na nosa bilbio xogamos, desfrutamos,... cos principais personaxes: Mafalda, Snoopy,...
.jpg)
.jpg)





.jpg)
.jpg)
.jpg)