Así foi o DÍA DO LIBRO en Milfollas... Preme na imaxe e verás que gran xornada.
E hoxe tamén tivemmos outra sorpresiña na biblio creativa. Librato deixounos un agasallo para que fixésemos marcapáxinas personalizados.
No DÍA DAS ARTES GALEGAS 2025, convertémonos no homenaxeado ISAAC DÍAZ PARDO e iniciamos un taller de creación de pezas "na liña" de Sargadelos.
Hoxe poidemos disfrutar de dúas mamás e dous papás que viñeron á biblio a lernos contiños. Foi unha mañá xenial. Grazas Olivia, David, Juan e Nelly por acompañarnos. Un pracer!!!
Que gran xornada a de hoxe. Non se pode explicar con palabras o vivido esta mañá. Grazas, grazas e grazas por permitirnos este marabilloso encontro.
Acollemos esta mostra itinerante "Do mar e da Terra", impulsada pola Deputación da Coruña para difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade, éxito e compromiso co rural e co mar que existen na provincia.
Está integrada por paneis expositivos e por material didáctico interactivo adicional coa que se busca informar á rapazada das oportunidades que lles brindan os sectores tradicionais como o agrogandeiro, o mariñeiro ou o marisqueiro.