29 xaneiro 2026

Día internacional do puzzle

Hoxe o alumando de infantil, facendo as rutinas decatouse que no calendario, nas efemérides poñía DÍA DO PUZZLE. E así foi, sumámonos a esta celebración sumerxéndonos no mundo dos crebacabezas. 


24 xaneiro 2026

Día Internacional da Educación

 Hoxe é o Día Internacionald a Educación, unha data para lembrar que aprender é un dereito fundamental e unha das ferramentas máis poderosas para poder contruír un futuro mellor e máis xusto e con oportunidades para todos. En colaboración do Obradoiro CAB fixemos este fermoso vídeo, unha experiencia chea de ilusión porque educar é acompañar, compartir e abrir camiños. 

16 xaneiro 2026

Abellas na escola

 Hoxe, o alumando de infantil e primaria pasamos unha mañá super entretina e na que aprendemos moito con "Abellas na escola"; aprendemos cousiñas das abellas e do imporantes que son estes insectos para a nosa vida, para os nosos montes, para o noso ecosisitema,... 

Grazas Nicolás Taracido de Apípolis por achegarnos a este mundo tan máxico! 

(preme na imaxe para ver)

27 decembro 2025

Club do ganchillo no Nadal

 Que exitazo está a ter o noso club do ganchillo. Durante a derradeira semana deste primeiro trimestre funcionou todos os días e non só na biblio, senón tamén nas aula. Cousas fermosas: