18 xuño 2026

GRAN LIBRO A MAXIA DOS NOSOS MONTES

E aquí todo o traballo do curso recollido nas páxinas do noso gran libro do monte. A MAXIA DOS NOSOS MONTES. 


16 xuño 2026

A vista de paxaro

Hoxe saímos novamente para observar a flora e as aves da contorna, favorecendo a identificación de especies e o coñecemento directo da biodiversiadade do monte. 



15 xuño 2026

MUSICAL O REI LEÓN

O NOSO MUSICAL DO REI LEÓN. Dúas sesións na mañá deste 15 de xuño: unha para os nosos maiores e outra para as familias. Unha adaptación escolar feita pola mestra Chus e na que participaron os alumnos e alumanas de 3º a 6º de primaria. Permitiunos reforzar os valores de respecto pola natureza, o equilibrio dos ecosistemas e a importancia do coidado da contorna.



Nós tamén creamos

Hoxe deixámosvos as curtas de animación elaboradas por Educación Infantil e 5º EP. Algo pasa na casa do logo, de EI, resultou gañadora dun accésit nos premios Nós tamén creamos!. O osiño rosa, é a de 6º EP