04 novembro 2013

LENDO NO SAMAÍN

Despois de adornas a biblioteca adicamos varias sesións de "lecturas terroríficas" para pequenos e maiores. Preme na imaxe e verás o resultado

LECTURAS TERRORIFICAS NO SAMAIN

03 novembro 2013

NORMAS DA BIBLIO DE INFANTIL E PRIMARIA

Os nosos colaboradores xa están en acción. Elaboraron estas normas para que, entre todos e todas, disfrutemos da nosa biblioteca.
1.- Se temos que falar, farémolo en VOZ BAIXIÑA para non molestar aos demáis.
 

2.- A biblioteca é para LER e facer CONSULTAS; non para xogar nin beber ou comer.


3.- Mantén a ORDE e busca un lugar cómodo para DISFRUTAR dos libros.


4.- Deixa os LIBROS COLOCADOS no seu lugar, cos lombos cara a fóra. Se non sabes onde colocalo, entrégallo a un dos colaboradores; el encargarase de colocalo.

5.- Coloca o teu MARCADOR no sitio do libro que queres ler. Cando remates, devolve o libro ao seu lugar e garda o marcador. Entre todos manteremos os libros ordenados.


6.- Os líbros préstanse por 15 DÍAS. Cando o teñas escollido, lévallo ao colaborador para que cho anote. Para devolvelo entrégallo sempre ao colaborador, non o deixes directamente nos andeis.
Se non remataches de lelo, podes renovalo por outros 15 días.

7.- Se queres facer unha tarefa como estudar, traballos de investigacións, deberes,... séntate na ZONA DE TRABALLO.

8.- Se atopas un libro un pouco "danado" lévao á ENFERMERÍA DE LIBROS para que nós poidamos arranxalo.

9.- Para usar os ordenadores tes que RESPETAR QUENDA. Recorda que só poden estar DÚAS PERSOAS POR ORDENADOR.

10.- Ao sairmos da biblioteca deixamos TODOS (libros, marcadores, materiais de traballo, cadeiras,...) COLOCADO e RECOLLIDO.


11.- Deixa o teu ABRIGO NOS PERCHEIROS da entrada.

12.- Poder dixar as túas dúbidas, suxerencias de actividades, libros,... no noso BUZÓN DE SUXERENCIAS que atoparás na entrada da biblioteca.

13.- Podemos entrar e saír da biblioteca dando queiramos, pero non podemos pasar todo o tempo entrando e saíndo.

A BIBLIOTECA É DE TODOS. DEBEMOS COIDALA E MANTELA ORDENADA. 
ANÍMATE E NON DEIXES DE VISITARNOS. ESTÁMOSTE AGARDANDO!!!


01 novembro 2013

Exposición de Anxo Romar en Pontecarreira

É tempo de Ciencia, na biblioteca, xa sabedes...E esta vez a entrada do blog é para mesturar ciencia con arte...e logho!

Lembraremos a exposición do profe de Física e Química, Anxo Romar que tivemos a sorte de gozar a finais do curso pasado. 





Imos darlle un tempiño para traballar en novas obras, pero...iso si, esperamos que as volva a mostrar no cole, porque quedamos encantados!!





E parece que hai moito tempo xa da exposición...pero tan só foi en Xuño, mala época para facer unha entrada no blog como se merecía (xa sabemos, final de curso...). Pero aquí está, e así lembramos un pouco as marabillosas imaxes das obras de este autor, autodidacta, que comezou a pintar animado pola súa muller, e que agora...non pode parar!!! E ademais parece que vai pasando o relevo ao máis pequeno da familia. Xa vedes rapaces...TODO É EMPEZAR !!!


Como bo artista-científico curioso, aínda que comezou traballando ao óleo (que difícil!) foi probando outras técnicas (pasteis, acrílicos, acuarelas...), novos soportes preparados por el mesmo con gesso, sobre madeira, cartón...e engadindo texturas que fixeran máis pastosas as súas pinceladas. 



Os temas escollidos dinos moito del, do seu entorno (paisaxes mariñeiras, mulleres do mar en plena faena...) e da súa paixón ( esas formas dos ácidos desoxirribonucleicos,  ADN, que podemos ver en algún dos seus retratos, as formas celulares...) así como a influencia de autores galegos relevantes como Seoane...







Xa se sabe: proba, intenta , volve a probar, compara...goza ao fin e ao cabo...





Anxo Romar, todo un científico-artista en tódalas facetas da súa vida!!!





18 outubro 2013

24 de Octubre...Día das Bibliotecas escolares


 


Recoñeces a imaxe? Atopáchela xa ??...Unha pistiña...busca nas portas da biblio...

Este é o cartel divulgativo que, como cada ano, chega para conmemorar a data do 24 de Octubre, Día das Bibliotecas Escolares. Este ano a ilustración é de Patricia Castelao e o lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora de vós, os alumnos!

Polo de agora, achegámoste a Ciencia en papel...


e mellor aínda...en VIVO e en DIRECTO!!


 

ACHÉGATE TI Á CIENCIA E Á BIBLIOTECA !!






15 outubro 2013

NORABOA!! O Premio Nacional de Poesía 2013 é galego!




Manuel Álvarez Torneiro acaba de conseguir o Premio Nacional de Poesía co seu libro Os ángulos da brasa editado por Factoría K.


Este libro xa fora recoñecido con Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co premio Ánxel Casal da AGE (Academia Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.

Álvarez Torneiro (A Coruña, 7 de xullo de 1932) traballou como xornalista, e aínda que comezou a escribir poesía con 18 anos, a súa primeira publicación foi Memoria dun silencio, en 1982. Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta.

Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan Rigorosamente humano ( 1995) e Luz de facer memoria (1999).

Parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega!

A que esperas para lelo!! Aproveita e ven á sección de poesía da Biblio...está esperando por TI !


COMEZAMOS O 2013/14 !!!

Pois é certo...Hai xa un mes! desde que comezamos este novo curso e aquí estamos agora para darvos a Benvida  a este 2013-14 que promete ser un bo ano en Pontecarreira...e logho!

Estivemos organizando as actividades e obradoiros deste curso ofertados na Hora de Ler. GRACIAS a todos por participar tan activamente no Club de Lectura e na Lectura de Teatro!!!. Máis da mitade dos alumnos de secundaria están apuntados a un, a outro...ou aos dous. E ao longo do curso é casi seguro que poderemos ofertar..."outras actividades" ás que poderedes engadirvos...Pero non imos adelantar acontecimientos...

De momento unha primeira imaxe dos vosos compañeiros do Club de Lectura "A Cova das palabras" na primera xuntanza. Penso que o pasaron moi ben!


Lembra que podes apuntarte en calquera momento do curso...anímaste??


22 setembro 2013

OS COLABORADORES XA ESTÁN LISTOS

Comeza o novo curso e a partires do mes de outubro a biblioteca de infantil e primaria estará aberta de luns a venres de 13:45 a 14:20. 
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria forman o grupo de colaboradores que, na compaña dun mestre colaborador, están xa preparados para desenvolver as súas tarefas. 


(detras: Alba, Lucía, Nerea, Judith, Lorena, Carlos e Rubén; diante: Carla, Nuria, Pablo U., Paula, María, Olalla e Pablo G.)

Cada día, 4 deles encargaranse de: prestar libros, recoller devolucións, organizar as consultas nos ordenadores, ordear os libros nos andeis, lerlles aos máis peques, organizar diferentes exposicións,... e procurar que haxa un clima de ton de voz baixo e agradable. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S!