05 outubro 2016

Librato bótanos de menos...

Despois dusn meses de descanso, Librato xa hai uns días que anda argallando na biblio de infantil e primaria e este pasado luns todo estaba listo para a inaguración do curso 16-17.  Estaba desexando vernos e mesmo nos trouxo un agasallo.


Aquí vos deixamos unhas fotiños deste primeiro día do curso 16-17 na nosa biblio.






04 outubro 2016

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes"

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.

A imaxe do cartel este ano foi creada por MINIA REGOS. Garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Convidámosvos pois a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos...)




E para comezar cunhas impresionantes imaxes ao carón de nós, en Ordes, deixámosvos este video donde nos presentan algúns dos murais que, nestes días, realizaran na vila. Pero é tan só un adelanto, ide a disfrutalos en vivo e en directo...e contádenolo!!

                                               
                       DES-ORDES


 

19 setembro 2016

BENVIDA ao curso 2016-17

Ano tras ano, despois de agosto...chega setembro...;)))

Comezamos o cole, clase nova, reencontro de amigas e amigos, case todos coñecidos...ou non.

E de novo, despois dos recreos, imos á biblioteca para o Proxecto Lector. Estes primeiros días lemos as revistas, os xornais, os libros de animais, novelas gráficas e demáis que están polas mesas. Algún de vós estades xa moi concentrados mesmo en rematar os libros de verán ou algún novo.

Son días de organización, de reencontro cos textos e as imaxes, de elección de pertenza ao Club de lectura...

Lembrade que podedes ir facendo as vosas peticións para mercar eses libros que este ano queredes que estean na nosa biblioteca.

Disfrutádeos e gozade da lectura en calquera das súas variantes!!

 Resultado de imagen de libro

23 xuño 2016

MEDRAR

O alumnado de 4º de ESO agasállanos con esta presentación do seu derradeiro traballo creativo no centro. Sementaron ben o terreo...e o que é máis importante, pintaron un lenzo en branco para o que vai ser a súa nova andaina.

Moita sorte nese camiño! Merecedes o mellor!