E seguimos coas actividades ao redor do Día do Libro. Onte, en infantil e primaria, fixemos os xa tradicionais apadriñamentos lectores. Mirade que ben o pasamos premendo na imaxe.
22 abril 2017
20 abril 2017
Día do Libro 2017
O Día do Libro 2017 é o próximo domingo 23 pero no cole xa arrincamos hoxe con actividades en torno ao Día do Libro.
Como
o tempo nos acompañou decidimos disfrutar do pracer da lectura ao carón
da natureza e cos nosos libros saímos ao patio para pasar así o
proxecto lector de hoxe. Se premedes na imaxe veredes moitas, moitas
fotos.
E mañá máis....
01 abril 2017
25 marzo 2017
15 marzo 2017
Concurso Debuxos e Tarxetas de "Amor"
Aquí vos deixamos unhas fotiños dos debuxos e carta-tarxetas que o alumnado presentou para o Concurso de San Valentín
E aquí os gañadores. NORABOA; nos vindeiros días recibirán o seu merecido agasallo
14 marzo 2017
Concurso de poesías
Xa está en marcha o IV COCURSO DE POESÍAS "TROITAS EN VERSO" para o alumnado de primaria e secundaria. Se queres participar, aquí che deixamos as bases.
Anímate, haberá premios por categorías de idades.

10 marzo 2017
Rosalía verso a verso
Tempo
atrás, coincidindo coa celebración do DÍA DE ROSALÍA (24 febrero) o
Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes solicitou
a nosa participación, xunto cos demáis centros educativos que compoñen
dita mancomunidade, no concurso "Rosalía verso a verso" que puxo en
marcha a través da rede social Facebook. Pois ben, como non podía ser
doutro xeito, puxémos a traballar niso; consistía en gravarnos lendo ou
recitando poemas ou anacos de poemas de Rosalía e subilos á rede. E
GAÑAMOS... xunto co CEIP ADRCASTELAO de Ordes.
Se queredes ver os nosos vídeos aquí vos deixamos o enlace, e cando recibamos o premios tamén vos amosaremos fotiños
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



