03 novembro 2017
Lecturas de medo...
Estes días durante os proxectos lectores disfrutamos de varias mini-lecturas de medo na biblio de infantil e primaria.
E os peques de infantil disfrutaron un ano máis dos nosos mestres Fran e Julio na súa faceta artística.
26 outubro 2017
O Samaín na biblio
Achégase o Samaín e na biblioteca xa temos todo preparado para que poidas disfrutar de lecturas terroríficas.... Así a decoramos e fixemos unha selección de libros para poderes ler estes días. Xa sabes, se te pasas pola biblio pasaralo moi ben e non te esquezas de coller unhas das nosas suxerencias para estes días.
Unha culler de plástico
Este ano subiremos diferentes vídeos e outros recursos que nos farán pensar, reflexionar, analizar...que facemos na nosa vida diaria, que podemos facer e como poderiamos mellorar o noso entorno, natural e persoal.
Estes primeiros vídeos móstrannos o que supón empregar unha simple culler de plástico...O facemos case a diario. Parece algo sen importancia e sen embargo...
24 outubro 2017
Día da biblioteca
Hoxe foi o día das bibliotecas. Se queres ver como o celebramos en infantil e primaria preme na imaxe...
22 outubro 2017
25 setembro 2017
BENVID@S A UN NOVO CURSO ESCOLAR!
De novo no cole; reencontro cos amigos, clases e libros sen estrear, profesores coñecidos e outros por descubrir...e, por suposto, a biblioteca aberta para darvos a BENVIDA e acompañarvos neste curso 2017-18!
Temos libros, revistas, ordenadores, películas, xogos e demáis material esperando para poder descubrir e atopar temas moi interesantes. Non dubidedes en consultarnos e facer todas aquelas aportacións que poidan axudarnos a facer da biblioteca un espazo común agradable e activo.
Deixámosvos un bonito vídeo, " Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris"...para comezar co pracer da lectura!!

21 xuño 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)