05 novembro 2017

E se as liñas puideran bailar ?!?!


Hoxe toca disfrutar!! Pon "un pouco" alto o volumen.. e...a gozar!!



Line Rider - Mountain King (realizado por Doodle Chaos).
I synchronized the song "In the Hall of the Mountain King" by Edvard Grieg to my first line rider track drawing everything by hand. It took me over a month of my free time to create. Hope you enjoy!

03 novembro 2017

Lecturas de medo...

Estes días durante os proxectos lectores disfrutamos de varias mini-lecturas de medo na biblio de infantil e primaria.




E os peques de infantil disfrutaron un ano máis dos nosos mestres Fran e Julio na súa faceta artística.

26 outubro 2017

O Samaín na biblio

Achégase o Samaín e na biblioteca xa temos todo preparado para que poidas disfrutar de lecturas terroríficas.... Así a decoramos e fixemos unha selección de libros para poderes ler estes días. Xa sabes, se te pasas pola biblio pasaralo moi ben e non te esquezas de coller unhas das nosas suxerencias para estes días.







Unha culler de plástico

Este ano subiremos diferentes vídeos e outros recursos que nos farán pensar, reflexionar, analizar...que facemos na nosa vida diaria, que podemos facer e como poderiamos mellorar o noso entorno, natural e persoal. 

Estes primeiros vídeos móstrannos o que supón empregar unha simple culler de plástico...O facemos case a diario. Parece algo sen importancia e sen embargo...







                                         

24 outubro 2017

Día da biblioteca

Hoxe foi o día das bibliotecas. Se queres ver como o celebramos en infantil e primaria preme na imaxe...

https://photos.google.com/share/AF1QipOowKr2Zutqyt8H-hlfViCnQH1xwrGGrcMHucACt7xLW2scdQE7K-nSycZg9QtWnQ?key=WnFCX2RmdS1DR0VJZVVTZTRuMkpIWGNyZC1hUUNn

25 setembro 2017

BENVID@S A UN NOVO CURSO ESCOLAR!

De novo no cole; reencontro cos amigos, clases e libros sen estrear, profesores coñecidos e outros por descubrir...e, por suposto,  a biblioteca aberta para darvos a BENVIDA e acompañarvos neste curso 2017-18!

Temos libros, revistas, ordenadores, películas, xogos e demáis material esperando para poder descubrir e atopar temas moi interesantes. Non dubidedes en consultarnos e facer todas aquelas aportacións que poidan axudarnos a facer da biblioteca un espazo común agradable e activo.

Deixámosvos un bonito vídeo, " Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris"...para comezar co pracer da lectura!!