15 xaneiro 2018

Dende Kalandraka virán Álex e Sara

Álex e Sara virán ao cole. Procedentes de Kalandraka enviánnos esta carta para que os peques de infantil e 1º e 2º de primaria se vaian preparando para a súa visita. E a nosa mascota LIBRATO xa a ten.


VISITA dos MEIJIDE-MEIXIDE

Chegaron por fin "Os Meix (j)ides" a Pontecarreira e foi todo un éxito!!


Unha breve introducción do que falamos e traballamos aquel 18 de decembro pola tarde e logo as fotos que falan por si soas:

1.- Introducción do autor dos libros, Carlos Meixide, sobre as obras e a súa idea de ir escribindo historias que lles suceden aos catro amigos (e máis á Rula) por toooooodos os concellos de Galicia.



2.- Presentación de María Meijide sobre os cadernos de viaxe e a percepción da realidade (ilusións 
ópticas, exemplos de outros autores e propios...) e logo...


3.- A debuxar!! Puxéronse mans á obra e realizaron un par de retratos, con e sen instruccións...e vaia diferencia! Aprendemos a facer retratos con volume a partir de "simples" manchas.




Agasallárannos cos mellores dos seus sorrisos e con dous exemplares do novo libro, "Guitiriz" que sen dúbida leremos con moito interés. Grazas!




13 decembro 2017

PREPARANDO A VISITA DE CARLOS MEIXIDE E MARÍA MEIJIDE

Este ano, no Club de Lectura liron os libros "Cans" e "Ons"de Carlos Meixide, ilustrados pola artista María Meijide.

Temos a sorte de poder contar con eles o próximo día 18 de decembro nun obradoiro conxunto. Xa localizamos moitas preguntas e dúbidas sobre o libro, sobre o proceso de creación (de texto e ilustración ), sobre a autoedición...

                            

De momento estamos a preparar ben a entrada a biblio con información deles e mais de elementos das dúas obras. Deixámosvos unhas fotos do proceso e xa poñeremos as do obradoiro!







04 decembro 2017

Xa é Nadal na biblio

Que ben o pasaron hoxe os nosos colaboradores ambientando a biblioteca para o Nadal. A que quedou fermosa?







29 novembro 2017

25 de NOVEMBRO: "Día CONTRA a violencia de xénero"


Como cada día do ano, no cole estamos a falar de igualdade, de convivencia, de valores, de respecto, de apoiarnos uns en outros para medrar e vivir e convivir en igualdade de oportunidades. Por eso, como cada ano tamén, temos que lembrar que o "25 de Novembre" é o Día internacional CONTRA a violencia de xénero (porque non é precisamente un día de celebración senón de reivindicación e esixencia).

E para ter sempre claro o que estamos a reivindicar, o primeiro é saber a que nos referimos con "violencia de xénero", como a identificamos na prensa, na publicidade e nas relacións cos demáis. 

Nas titorías de secundaria analizamos a publicidade sexista, con catálogos de marcas e empresas e as súas cores e profesións estereotipadas, e mesmo a "cosificación" das mulleres para a venda de obxectos masculinos (perfumes, coches, motos... Pero non...ben sabemos que non é así...

E tamén vimos o vídeo da socióloga Carmen Ruíz...moi interesante para identificar "o que é violencia de xénero, desde o primer paso".

Finalmente, o día 25 reunímonos para comentar entre todos as conclusións, reflexionar e ter claro como queremos que sexan as nosas relacións. Témoslo moi claro!!! QUERO!!!