Hoxe os voluntarios de 6º EP pasáronse polas aulas de infantil para lerlle aos máis peques o conto "A castaña que rebentou coa risa"
13 novembro 2020
03 novembro 2020
Lendo polo Samaín
Os derradeiros días de outubro os mestres demos unha sorpresa aos alumnos, jajajaja. Por grupos e en varias sesións escenificamos dous contos "terroríiiificossss": CARABUÑAS e A BRUXA REGAÑADENTES
29 outubro 2020
23 outubro 2020
Abrimossss!!!
Hoxe a biblio de infantil e primaria abre as súas portas dun xeito diferente. Non poderemos visitar a biblio libremente coma viña sendo de costume no tempo de lecer do comedor debido á situación na que nos atopamos. Pero... LIBRATO non quixo que os nenos e nenas do Ponte quedasen sen disfrutar do pracer da lectura e... tivo unha idea!!! Preparou unhas caixas superchulas para cada aula de primaria e unhas maletas para infantil e estableceu turnos para visitar a biblio por grupos-clase.
Hoxe foi a entrega de caixas, acompañadas dunha carta explicando o protocolo da biblio para este curso 2020-2021.
01 outubro 2020
17 maio 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Aquí vos deixamos un enlace a todas as actividades que fixemos nestas Letras Galegas 2020 confinados.
Moitas grazas a todos por participar e facer posibles cousas tan fermosas coma estas. Os textos dos vídeos da bibliografía son do material elaborado polo Seminario Galán.



















